Instamos ao goberno municipal a abandonar a parálise e poñer en marcha un plan de mantemento e mellora da parroquia de San Xiao
NON ao macromodificado de crédito de 8,2 millóns de euros
Denunciamos o "abandono e desleixo" do goberno local co tecido asociativo da cidade
Presentamos unha moción para esixir a convocatoria inmediata das subvencións de concorrencia competitiva de 2026 e medidas de compensación polas axudas que o Concello deixou morrer o ano pasado.
Geno Carballeira: "Lugo demostrou que hai outra forma de facer cidade fronte ao caos urbanístico que sufrimos en Narón"
INICIAMOS UN NOVO REQUERIMENTO PARA PARALIZAR A LICITACIÓN DO SERVIZO DA XESTIÓN DO CICLO INTEGRAL DA AUGA MENTRAS NON HAXA GARANTÍAS FINANCEIRAS NIN TÉCNICAS
Presentamos un novo requirimento oficial ante o Concello para manifestar a nosa oposición fronte ao avance da licitación do ciclo integral da auga. Esta decisión chega tras recibir unha certificación de urxencia do acordo plenario do pasado 30 de abril, remitida polo Goberno local antes sequera de que a acta fose aprobada, nun claro intento de acelerar os trámites a calquera prezo cando non existe un aval firme sobre a sustentabilidade financeira do proxecto.
Esiximos a reforma urxente do CEIP A Solaina dado o “lamentábel” estado no que se atopa.
Reunímonos co ANPA do CEIP A Solaina para coñecer de primeira man as lamentábeis condicións estruturais nas que se atopa este centro.
O Goberno de Narón "fuxe cara adiante" cunha concesión da auga sen garantías económicas
Denunciamos a "irresponsabilidade" do Goberno local ao manter a súa folla de ruta para privatizar o ciclo integral da auga a pesar de recoñecer explicitamente que o expediente está incompleto e carece de estudos económicos rigorosos.
Esiximos un Plan Director para Xuvia ante o aumento do vandalismo e o abandono municipal
Desde o BNG de Narón esiximos a convocatoria urxente dunha Xunta de Seguridade e unha asemblea veciñal ante a vaga de delitos en Xuvia
ESIXIMOS RESPONSABILIDADES AO CONCELLO POLA INTOXICACIÓN ALIMENTARIA NO MANUELA PÉREZ SEQUEIROS
Desde o grupo municipal do BNG de Narón queremos facer pública a nosa profunda preocupación e total apoio ás familias afectadas polo grave episodio de intoxicación alimentaria acontecido tras a xornada do Club de Debate "Alingua" o pasado martes 3 de marzo e que afectou tamén a persoas usuarias do centro de día. Tras escoitar as denuncias de FEANPAS e de familias que se achegaron para informarnos, esiximos ao goberno municipal unha actuación inmediata e contundente.
Geno Carballeira, candidato á alcaldía por Narón para as municipais de 2027
O 28 de febreiro de hai dez anos escollimos unha dirección nacional do BNG encabezada por Ana Pontón que nos deu moitas alegrías. E hoxe, dez anos despois, tivemos a nosa asemblea local para escoller ao noso vindeiro candidato nas eleccións municipais en Narón. Geno Carballeira, concelleiro actualmente polo BNG desde hai sete anos, dá o paso despois de ser escollido por unanimidade nun encontro onde a ilusión e as ganas de levar a Narón con rumbo certo rebosaron no Muíño de Xuvia.
Solicitamos con urxencia ao Concello axilizar os convenios coas entidades e reclamamos á Xunta un financiamento xusto para o SAF
Rexistramos dúas mocións para o seu debate no vindeiro Pleno. Buscamos dar estabilidade ao tecido asociativo da cidade e garantir a calidade dun servizo esencial como é a Axuda no Fogar.
Presentamos un requerimento para paralizar a privatización da xestión da auga en Narón ante a "incerteza financieira" e a falta de informes técnicos
O BNG DENUNCIA O ESTADO DE ABANDONO DE VIVENDAS PÚBLICAS EN XUVIA
O grupo municipal do BNG de Narón rexistrou o venres 16 unha moción municipal para denunciar a situación "de auténtica vergoña" que sofren as familias do edificio de Vivendas de Promoción Pública (VPP) situado na Rúa Telleiras № 3 no barrio de Xuvia. O inmoble, cuxo promotor é o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), presenta un estado de abandono que se tornou nun "pesadelo" para os seus residentes. A moción foi precedida dunha visita ao edificio co presidente da comunidade de veciños, José López, e onde coñecimos de primeira man a situación dos veciños e veciñas.
Propoñemos unha xestión 100% pública da auga tras o fin da concesión de COSMA en 2027
Presentamos unha moción para o seu debate no pleno de Decembro na que instamos ao Goberno municipal a rexeitar a privatización do servizo de auga e apostar por un modelo de xestión directa 100% pública.
O vindeiro 11 de xuño de 2027 finaliza o contrato actual coa empresa mixta COSMA S.A., o que supón unha "oportunidade histórica e ineludible" para que o Concello recupere o control total sobre este ben esencial.