Desde o BNG de Narón esiximos a convocatoria urxente dunha Xunta de Seguridade e unha asemblea veciñal ante a vaga de delitos en Xuvia

Rexistramos unha solicitude ante a Alcaldía tras os recentes roubos, ameazas con armas e o incendio dunha vivenda no barrio. Geno Carballeira, concelleiro e próximo candidato ás vindeiras municipais, declara “A veciñanza de Narón non pode vivir con este medo; o Goberno local ten que dar a cara e propoñer solucións xa”.
Desde o BNG de Narón esiximos a convocatoria urxente dunha Xunta de Seguridade e unha asemblea veciñal ante a vaga de delitos en Xuvia

O Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Narón vimos de rexistrar unha solicitude de actuación urxente dirixida á Alcaldía-Presidencia para abordar a grave situación de inseguridade que atravesa o barrio de Xuvia. Consideramos "insostíbel" a concatenación de feitos delitivos que están a degradar a convivencia e a xerar unha profunda alarma social entre as veciñas e veciños.

Nas últimas semanas Xuvia está sendo o epicentro dunha vaga de roubos en vehículos e establecementos (os denominados "roubos exprés"), á que se sumaron episodios de extrema gravidade como o recente arresto dun home por ameazas de morte con armas en plena rúa e o incendio dunha vivenda na zona da que aínda se descoñece que provocou o lume.

O BNG pedimos un plan de choque para o barrio e para o conxunto de Narón "Estes delitos non son alleos ao resto de Narón, mais ultimamente é Xuvia quen leva a maior parte", explica Carballeira. "Falando coa veciñanza, a falta de información oficial e de medidas preventivas está provocando unha sensación de abandono institucional que non podemos permitir".

Ante esta situación, reclamamos dúas medidas inmediatas que van coa convocatoria da Xunta Local de Seguridade, coa presenza de todos os grupos políticos, as forzas de seguridade e a Subdelegación do Goberno para coordinar un plan de choque preventivo; unha asemblea veciñal informativa, desde o BNG esiximos que o Goberno Local se reúna cos veciños e veciñas no propio barrio para explicar as medidas que se están a adoptar e escoitar as súas demandas. "Non abonda con actuar cando o delito xa se cometeu; o Concello ten que garantir que Xuvia sexa o barrio seguro que sempre foi".

Desde o BNG de Narón esiximos a convocatoria urxente dunha Xunta de Seguridade e unha asemblea veciñal ante a vaga de delitos en Xuvia