Narón
Novas

Desde o BNG de Narón esiximos a convocatoria urxente dunha Xunta de Seguridade e unha asemblea veciñal ante a vaga de delitos en Xuvia

Rexistramos unha solicitude ante a Alcaldía tras os recentes roubos, ameazas con armas e o incendio dunha vivenda no barrio. Geno Carballeira, concelleiro e próximo candidato ás vindeiras municipais, declara “A veciñanza de Narón non pode vivir con este medo; o Goberno local ten que dar a cara e propoñer solucións xa”.
Ler novas
Portadas

Presentamos un requerimento para paralizar a privatización da xestión da auga en Narón ante a "incerteza financieira" e a falta de informes técnicos

Desde o Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego (BNG) presentamos un requirimento de emenda ao expediente CON/2025/42 relativo á xestión do Ciclo Integral da Auga. Esta medida chega tras a aprobación en sesión plenaria —cos votos do goberno e o apoio do PP— da modalidade de xestión indirecta (privada) para os vindeiros anos.
Ler novas
Portadas
IMG-20251024-WA0003

Olaia Ledo anuncia que non será cabeza de lista en Narón nas vindeiras municipais.

A nosa portavoz municipal, Olaia Ledo, anuncia en rolda de prensa de que non continuará como cabeza de cartel nas municipais de 2027. A decisión “moi reflexioanada” e posta en coñecemento en asemblea abre un proceso de escolla de candidato/a. Olaia Ledo, ademais de ser portavoz municipal é membro da Executiva Nacional do BNG onde é a coordinadora de Ecoloxismo.
 
Ler novas
Novas

RECLAMAMOS UNHA ORDENANZA MUNCIPAL DE FESTAS E EVENTOS

Narón, conta con numerosas festividades parroquiais e diferentes espectáculos públicos mais, até o momento, carece dunha normativa propia reguladora destas actividades o que leva a que nos rexamos pola Lei de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galiza o que, en moitas ocasións, pode crear inseguridade xurídica.

Ler novas
Novas
IMG_9768

O BNG reclama que non se demore máis á marcha das subvencións nominativas e de concorrencia competitiva no Concello para este ano 2025 a través dunha moción para o seu debate en pleno.

O BNG de Narón, ven de presentar para o seu debate en pleno unha moción onde insta ao concello, que de momento ten os orzamentos prorrogados, a presentar o informe que proceda a permitir a sinatura das nominativas e a presentación das subvencións por concorrencia competitiva para todas as entidades de Narón. O BNG xa reclamara no pleno en febreiro do 2025 que se negociase coas entidades, agora o que piden é que se acorde facelo efectivo sen demoras.

Ler novas
Novas
Melaski e Ledo na rolda

Reclamamos unha nova política de vivenda en Narón

Presentamos unha moción no pleno para frear o prezo dos alugueiros, facilitar o acceso á vivenda social en Narón, e iniciar un plan para a mocidade.Ademais desta moción, no BNG iniciamos unha campaña, continuada no tempo, para informar dos problemas de acceso á vivenda na nosa cidade e das políticas transformadoras que propomos para que o dereitos a unha vivenda digna sexa unha realidade para todos e todas.

Ler novas