Manteñamos as festas tradicionais de Narón
Pola información que está a chegar das parroquias somoms coñecedores que o concello anuncia que vai retirar "partidas mínimas" nas que colaboran en festas importantes en diferentes lugares do concello.
Preocúpanos que o concello non teña presentado nin tan sequera un borrador á oposición dos orzamentos e que "anuncien a bombo e prato investimentos de 17 millóns de euros para xardíns mentres chaman ao tempo a entidades para dicirlles que este ano non van ter para determinadas festas e inversión dunha carpa ou un grupo de música que sempre aportou o concello alén das subvencións", indica Olaia Ledo, a nosa portavoz municipal.
Por todo isto, levamos unha moción para o seu debate no vindeiro pleno onde pedimos que festas como a esfolla, o samaín, a Alteada ou Pena Molexa continúen como ata agora mais tamén a dos callos de San mateo, o Magosto do Val, o entroido de Xuvia ou a dos liscos en Doso. "As festas que se levan facendo de maneira tradicional nos nosos barrios e parroquias son un punto de encontro para persoas de todas as idades e poñen en valor o mellor Narón, ademais de recuperar espazo público para a veciñanza. Colaborar e non impoñer é o que ten que facer un concello. Por nós non vai ser que se retiren dos orzamentos estas partidas que, por outra banda, son mínimas". incide Ledo.