NON ao macromodificado de crédito de 8,2 millóns de euros

20260528_191402
O goberno de TeGa en Narón pretenden aprobar un “orzamento oculto” de 8,2 millóns de euros con présas e sen marxe de tempo para poder estudar a proposta. Unha "temeridade" que demostra a nula intención de presentar sequera un proxecto de orzamentos.
NON ao macromodificado de crédito de 8,2 millóns de euros

Desde o BNG denunciamos que un dos dous modificados enviouse o luns pola mañá sen tempo á comisión convocada ás 11h de maneira extraordinaria. O pleno convocouse para só tres días despois. A proposta dos dous modificados incluían un conxunto de obras “que semellan feitas para financiar a campaña electoral de TeGa do 2027 pero co diñeiro das veciñas e veciños”. 

Amosamos o noso total rexeitamento á estrataxema do goberno en minoría de TeGa de aprobar "pola porta de atrás" dúas modificacións de crédito que suman máis de 8,2 millóns de euros nun só pleno. Denunciamos, ademais, o absoluto desprezo institucional do executivo ao enviar a documentación dun macro- expediente de 2,5 millóns o luns pola mañá para ser votado en 3 días no Pleno, e o de 5,7 millóns de euros ao final da semana anterior sen tempo material para fiscalizalo con rigor.

O noso candidato á alcaldía de Narón para as municipais de 2027, Geno Carballeira, foi tallante ao rexeitar as manobras do goberno: "Votar 'Non' a este paquete pechado non é negarlle o soldo aos funcionarios nin o pago a Ferrol; é rexeitar que TeGa use a estes colectivos coma escudos humanos para coar a súa propaganda electoral. Non imos aceptar a súa chantaxe. Se queren, poden presentar estes modificados por separado neste pleno hoxe mesmo porque o BNG somos as do si a Narón e non ao malgasto de recursos públicos de Marián Ferreiro e o seu equipo".

Desde o BNG esiximos a fragmentación urxente dos expedientes e tamén que non pretendan hipotecar ao concello cun crédito bancario a longo prazo que condicione o futuro do concello “goberne quen goberne. A todas luces é unha irresponsabilidade”. Ademais, Carballeira pon o foco de que nestes expedientes van unhas partidas para acesibilidade e contornas escolares que o Concello finalmente ten que pagar integramente por non presentar expedientes de fondos europeos e Next Generation en prazo como indican os propios informe técnicos presentados cos modificados “é unha gravidade enorme que de novo volvan perder axudas que nos saen moi caras ás que vivimos en Narón ante a súa falta de rigor e responsabilidade”

"Un goberno en minoría ten a obriga de dialogar e negociar, non de chantaxear á oposición co diñeiro dos veciños", concluíu Carballeira, instando ao executivo a rectificar pola vía da transparencia. 

NON ao macromodificado de crédito de 8,2 millóns de euros