O BNG reclama que non se demore máis á marcha das subvencións nominativas e de concorrencia competitiva no Concello para este ano 2025 a través dunha moción para o seu debate en pleno.
O BNG de Narón, ven de presentar para o seu debate en pleno unha moción onde insta ao concello, que de momento ten os orzamentos prorrogados, a presentar o informe que proceda a permitir a sinatura das nominativas e a presentación das subvencións por concorrencia competitiva para todas as entidades de Narón. O BNG xa reclamara no pleno en febreiro do 2025 que se negociase coas entidades, agora o que piden é que se acorde facelo efectivo sen demoras.
O concello de Narón ten aprobado un plan estratéxico de subvención (PES) de tres anos desde o 2024 para as axudas a entidades culturais, deportivas, sociais, veciñais e educativas que este ano estanse demorando por non ter presentado orzamentos. Desde o BNG indican, que coma en moitos outros concellos, isto non é un impedimento se desde alcaldía teñen a vontade de facelo. Por iso instan desde o BNG, a través dunha moción, a solicitar un informe á intervención e, baixo un modificado de crédito, facelo cos orzamentos prorrogados desde hai sete meses “diñeiro hai porque no 2024 xa se contaba nos orzamento cons estas axudas. Agora, ao estar prorrogados, o seu é facelo sen demora” indica a voceira munipal Olaia Ledo. No BNG declaran “que a inoperancia dun goberno non pode implicar que se perxudique a terceiros e máis se falamos de entidades que fan un traballo esencial e positivo para toda a cidadanía de Narón”.
Por todo isto, o grupo municpal nacionalista presenta para o seu debate en pleno unha moción na que insta ao concello a facer o propio e facilitar que estas axudas non se demoren “e implique que entidades teñan que buscar créditos bancarios ou parar a súa actividade por non contar cun diñeiro que xa foi aprobado para tres anos no 2024” inica Olaia Ledo, portavoz municipal.