BNG Narón
Portadas

INICIAMOS UN NOVO REQUERIMENTO PARA PARALIZAR A LICITACIÓN DO SERVIZO DA XESTIÓN DO CICLO INTEGRAL DA AUGA MENTRAS NON HAXA GARANTÍAS FINANCEIRAS NIN TÉCNICAS

Presentamos un novo requirimento oficial ante o Concello para manifestar a nosa oposición fronte ao avance da licitación do ciclo integral da auga. Esta decisión chega tras recibir unha certificación de urxencia do acordo plenario do pasado 30 de abril, remitida polo Goberno local antes sequera de que a acta fose aprobada, nun claro intento de acelerar os trámites a calquera prezo cando non existe un aval firme sobre a sustentabilidade financeira do proxecto.

Ler novas
Portadas

ESIXIMOS RESPONSABILIDADES AO CONCELLO POLA INTOXICACIÓN ALIMENTARIA NO MANUELA PÉREZ SEQUEIROS

Desde o grupo municipal do BNG de Narón queremos facer pública a nosa profunda preocupación e total apoio ás familias afectadas polo grave episodio de intoxicación alimentaria acontecido tras a xornada do Club de Debate "Alingua" o pasado martes 3 de marzo e que afectou tamén a persoas usuarias do centro de día. Tras escoitar as denuncias de FEANPAS e de familias que se achegaron para informarnos, esiximos ao goberno municipal unha actuación inmediata e contundente.

Ler novas
Portadas
79cac0d2-3cfc-423c-b14c-7c13589b96c7

Geno Carballeira, candidato á alcaldía por Narón para as municipais de 2027

O 28 de febreiro de hai dez anos escollimos unha dirección nacional do BNG encabezada por Ana Pontón que nos deu moitas alegrías. E hoxe, dez anos despois, tivemos a nosa asemblea local para escoller ao noso vindeiro candidato nas eleccións municipais en Narón. Geno Carballeira, concelleiro actualmente polo BNG desde hai sete anos, dá o paso despois de ser escollido por unanimidade nun encontro onde a ilusión e as ganas de levar a Narón con rumbo certo rebosaron no Muíño de Xuvia. 

Ler novas
Novas
O BNG visitando o edficio da rúa Telleiras nº3

O BNG DENUNCIA O ESTADO DE ABANDONO DE VIVENDAS PÚBLICAS EN XUVIA

O grupo municipal do BNG de Narón rexistrou o venres 16 unha moción municipal para denunciar a situación "de auténtica vergoña" que sofren as familias do edificio de Vivendas de Promoción Pública (VPP) situado na Rúa Telleiras № 3 no barrio de Xuvia. O inmoble, cuxo promotor é o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), presenta un estado de abandono que se tornou nun "pesadelo" para os seus residentes. A moción foi precedida dunha visita ao edificio co presidente da comunidade de veciños, José López, e onde coñecimos de primeira man a situación dos veciños e veciñas.

Ler novas
Novas

DENUNCIAMOS QUE TEGA E PP QUEREN APROBAR O XOVES EN PLENO UNHA "COSMA II" PARA 2027 REXEITANDO A XESTIÓN DIRECTA DO SERVIZO DA AUGA

O Grupo Municipal do BNG no Concello de Narón denuncia publicamente que o goberno de Terra Galega (TEGA), coa abstención e o apoio tácito do Partido Popular (PP), pretende aprobar no Pleno Ordinario do próximo xoves a continuidade da xestión privada do ciclo integral da auga no concello. Esta decisión, formalizada no punto 5 da orde do día, supón a aprobación da "xestión indirecta mediante un contrato de concesión de servizos" que substituirá a actual concesionaria, COSMA S.A., cando o seu contrato expire en xuño de 2027.

Ler novas
Portadas
20231214_094524

CONSEGUIMOS QUE SE CUMPRA COA BONIFICACIÓN DO IBI QUE SE APROBOU A INSTANCIAS DO BNG

En novembro do 2024 aprobouse por unanimidade unha moción nosa para a bonificación do 50 % no IBI ás vivendas con sistemas de aproveitamento fotovoltaico. Isto non fora recollido como debían dado o carácter vinculante e obrigatorio da moción mais, despois de reclamar (de novo) conseguimos que se atenda esta demanda e se dispña xa dos cartos necesarios para efectivizala. 
Ler novas
Novas

Presentamos unha moción para solicitar unha oficina do SEPE na cidade e aliviar a saturación das de Ferrol

Desde o Grupo Municipal do BNG de Narón vimos de rexistrar unha moción para o Pleno municipal de Setembro co obxectivo de que o concello conte cunha oficina propia do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE). A iniciativa xorde da "saturación evidente" que sofre a oficina do SEPE en Esteiro, unha situación agravada polo mal remate dunhas obras que van obrigar o seu traslado ao edifcio de Correos da cidade.

Ler novas