CONSEGUIMOS QUE SE CUMPRA COA BONIFICACIÓN DO IBI QUE SE APROBOU A INSTANCIAS DO BNG
Unha moción de carácter vinculante e obrigado cumprimento do BNG de Narón aprobouse por unanimidade en Novembro de 2024. A moción , que reclamaba a modificación da ordenanza Nº 2, reguladora do imposto sobre bens inmobles (IBI), para incluír unha bonificación do 50 % da cota para aquelas vivendas de uso residencial e habitual, con sistemas de aproveitamento fotovoltaico tería que estarse aplicando. Máis en Narón non está a ser así. A alarma saltou cando, este mes de outubro, comezaron pasar os recibos da contribución e, as persoas que están a pedir este desconto non se lles aplica. Desde o BNG denunciamos que as mudanzas dunha ordenanza aprobadas en pleno non son rogos e que teñen que cumprirse. Reclamamos que se solucione isto de carácter inmediato e se lle devolva parte da contribución que se lles pretende cobrar a partir deste mes á veciñanza.
“A bonificación do IBI para vivendas con instalacións solares non é só unha medida responsábel co medio ambiente, senón tamén un investimento no futuro sostíbel do noso Concello, non é democrático que un ano despois non se inclúe esta modificación cando si foi modificada a ordenanza no mes de agosto e xa se están a pasar os recibos ao cobro do imposto correspondente a este ano 2025. Por iso preguntamos aos servizos técnicos municipais e reclamamos onte ao goberno do que aínda non tivemos resposta de como o van solucionar” declara Olaia Ledo, a nosa portavoz municipal.
Finalmente, dada a presión para que se aprobe definitivamente, conseguimos que se faga a modificación e o goberno intste ao servizo técnico e xurídico á súa modificación e, ademais, se habilite crédito para poder levar a cabo o acordo plenario. CO BNG , NARÓN VAI A MÁIS