Solicitamos con urxencia ao Concello axilizar os convenios coas entidades e reclamamos á Xunta un financiamento xusto para o SAF

undefined

Rexistramos dúas mocións para o seu debate no vindeiro Pleno. Buscamos dar estabilidade ao tecido asociativo da cidade e garantir a calidade dun servizo esencial como é a Axuda no Fogar.

Solicitamos con urxencia ao Concello axilizar os convenios coas entidades e reclamamos á Xunta un financiamento xusto para o SAF

Impulso aos convenios coas entidades sociais e deportivas

A nosa portavoz municipal, Olaia Ledo Díaz, defende a necesidade de que o Concello inicie de inmediato os trámites para o pago das subvencións nominativas de 2026. Desde o BNG lembramos que clubs, asociacións veciñais e entidades de ámbito social dependen destes convenios para realizar o seu labor diario, moitas veces suplindo funcións que corresponden á administración e que, a día de hoxe, moitas aínda non cobraron o debido no 2025 pola demora dos orzamentos. “Agora, volvemos non ter orzamentos do 2026 pero iso non pode implicar que se demore máis as axudas a entidades e club e que se revisen as cantidades” declara Olaia Ledo. Con esta moción, propoñemos: iniciar os trámites das bases de execución e a súa aprobación en pleno; asinar os convenios coas entidades dentro do primeiro trimestre deste ano; adiantar o pago das axudas nun prazo que non supere a metade do ano 2026.

Un modelo público e financiamento digno para o SAF

A segunda iniciativa céntrase no Servizo de Axuda no Fogar (SAF), denunciando o grave desequilibrio financeiro que soportan os concellos. Mentres o custo real do servizo xa supera os 24 euros/hora, a Xunta de Galiza apenas achega 12 euros/hora, trasladando a carga económica ás arcas municipais. Agora o problema é grave xa que o PSDG vén de votar un pacto co PP para que as subas sigan a ser mínimas baixo a ameaza de que se non se acepta “nada de mellora”. Para nós isto é “unha chantaxe inaceptábel polo que temos que rebelarnos e velar por un servizo fundamental”, declara Geno Carballeira, concelleiro.

As nosas demandas para un SAF xusto inclúen: reclamar que a Xunta e o Estado incrementen o financiamento a 20 euros/hora neste 2026 e asuman o 100% dos custos en 2027; crear un organismo público de benestar social (similar ao SERGAS) que xestione a dependencia de xeito integral; mellorar as condicións laborais das traballadoras en Narón de maneira específica tamén e instar a un proceso de escoita entre o comité de empresa e a firma adxudicataria para solventar os conflitos actuais. Esta última proposta local é para "Garantir o apoio ás nosas entidades e un SAF público de calidade son obrigas básicas do Concello", sinalou Olaia Ledo. "Non podemos permitir que a falta de financiamento da Xunta asfixie os servizos sociais nin que o tecido asociativo de Narón traballe na incerteza".

Solicitamos con urxencia ao Concello axilizar os convenios coas entidades e reclamamos á Xunta un financiamento xusto para o SAF