O BNG de Narón pide a Marián Ferriro explicacións por non cumprir co servizo de madrugadores no prazo prometido

O grupo municipal do BNG de Narón mostra a súa indignación porque despois dun ano e un modificado de crédito o concello sexa incapaz de ofrecer o servizo de madrugadores a partir de xaneiro como prometeu a ANPAs e á oposición.
O grupo municipal do BNG de Narón mostra a súa indignación porque despois dun ano e un modificado de crédito o concello sexa incapaz de ofrecer o servizo de madrugadores a partir de xaneiro como prometeu a ANPAs e á oposición.
O BNG leva reclamando que unha administración pública se encargue do servizo de madrugadores en Narón desde 2016 “non comprendemos que desde abril do ano pasado haxa un modificado de crédito aprobado en pleno para este fin e un acordo asinado coas ANPAS e non sexan capaces de efectivizalo en tempo e forma. Primeiro ía ser co inicio deste curso escolar e logo pactaron coas ANPAS que o servizo sería a partir de xaneiro do 2025 se elas podían xestionalo o primeiro trimestel. A conclusión é que ou nos mentiron a todos e todas estes meses ou non teñen idea de xestionar” indica Olaia Ledo, portavoz municipal do BNG de Narón.
Desde o grupo nacionalista piden a dimisión da alcaldesa se se demostra que son incapaces de xestionar, e consideran unha falta de confianza grave o que está a acontecer “despois de aprobar pola vía de urxencia no último pleno o regulamento de madrugadores que non nos digan que é porque as licitacións teñen uns prazos. Os papeis desta licitación tíñanos xa en setembro e deixáronnos nun caixón. Cal é a prioridade do concello? Porque as luces de Nadal licitáronas en tempo record, por poñer só un exemplo” afirma Ledo, voceira municipal do BNG de Narón.