O BNG consegue que o concello inclúa a Estrada da Fraga do Val nunhas axudas da Xunta de Galiza.

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural publicou unhas axudas financiadas ao abeiro de “Camiños rurais” nas que ao concello de Narón correspóndenlle 58.406 euros. Por isto o mércores 12 de febreiro desde o BNG rexistramos unha moción informando das axudas e pedindo que a Estrada da Fraga fose incluída por cumprir os requisitos; ter un tamaño considerable “e por dar continuidade agora que se arranxou a de Baltar e hai unha rotonda en obras á altura da Concha que comunica co camiño de Chalea e este coa Estrada da Fraga. Pensamos que se melloraría a mobilidade de moitos veciños e veciñas desta maneira” declara Olaia Ledo, a nosa portavoz municipal.
Ademais, desde o BNG informamos que o obxectivo é o “de non seguir a perder axudas e informar dados os últimos malos exemplos como a das axudas directas a limpeza de praias que outorga a Deputación da Coruña e que este ano non cubriron. Isto fixo que perderamos 21.000 euros nun Concello que polo que sabemos as contas non van moi alá. Un escándalo” informa Ledo. Así, despois de presentar por rexistro a moción, desde o bloque informamos que a finais desa semana o concello solicitou as axudas e nelas incluían a nosa demanda. Alegrámonos e mantemos a moción para corroborar que esta estrada estea incluída nas axudas, a moción chega a pleno aprobada por unanimidade na comisión de obras e servizos, e que agora as axudas irán a unha xunta de goberno para aceptalas.