A Deputada provincial, Cristina García, presenta en Narón o POS 2025

20250220_120813
A titular dos plans provinciais e asistencia a municipios da Deputación, Cristina García, estivo en Narón presentando o POS 2025
A Deputada provincial, Cristina García, presenta en Narón o POS 2025

O Plan Único (POS) da Deputación é un plan de cooperación municipal, representa un modelo de cooperación máis transparente, máis xusto e máis cercano ás necesidades dos concellos.

A titular na Deputación dos Plans provincias e asistencia a municipios é a compañeira Cristina García, que estivo en Narón o pasado día 20 presentando o POS 2025. Desde que no 2016 este área foi asumida polo BNG na Deputación e democratizou este plan, o concello de Narón recibíu 21 millóns de euros para obras e servizos; "a mellor parte deste área vén cando esas cifras se converten nunha mellora da calidade de vida da veciñanza", indica a deputada Cristina García.

Os concellos están infrafinanciados polo estado e pola Xunta, non teñen recursos para todo o que deben facer, por iso desde o BNG plantexamos que o diñeiro da Deputación debe ser reinvertido no POS en investimentos e servizos que os concellos precisen, sen intermediarios.

Neste ano 2025 desde o BNG, e por primeira vez, puidemos incluír distintas propostas de investimentos que estaban recollidas no noso programa: "o BNG demostra sempre, alí donde esté, que traballa para que as veciñas e veciños dos concellos e do país teñan os servizos necesarios e unha mellor calidade de vida, mentres o BNG esteña faremos o posíbel para ser a voz do pobo tanto na deputación coma no resto das administracións, indica a nosa portavoz municipal, Olaia Ledo.

A Deputada provincial, Cristina García, presenta en Narón o POS 2025