Reclamamos o apoio da corporación municipal á mobilización do 6 de abril da Plataforma SOS Sanidade Pública

20250207_093426
Reclamamos o apoio da corporación municipal á mobilización do 6 de abril da Plataforma SOS Sanidade Pública

O domingo 6 de Abril a plataforma SOS Sanidade Pública convoca unha grande mobilización nacional en Compostela ás 12h. Para esta mobilización desde a plataforma consideran esencial o apoio dos concellos e reclaman máis atención primaria, hospitalaria e incrementar o orzamento sanitario público.

Por todo isto, desde o BNG levam este mes unha moción ao pleno municipal no que reclamamos apoiar as reivindicacións da plataforma e instar ao goberno municipal a difundir a través dos medios ao seu alcance a Manifestación do 6 de abril. A moción foi aprobada cos votos de BNG, PSOE e TeGa na comisión do social polo que presumíbelmente sairá favorábel no pleno do xoves 27 de marzo. Ademais, desde o BNG estanse poñendo mesas informativas da plataforma no concello para que a poboación de Narón teña coñecemento desta mobilización que conta con bus con saída desde Narón para quen o queira solicitar.

 

O BNG apoia as reivindicacións da Plataforma SOS Sanidade Pública

Reclamamos o apoio da corporación municipal á mobilización do 6 de abril da Plataforma SOS Sanidade Pública