A XUNTA ESCAPA DO PROBLEMA E NON RESPONDE ÁS PREGUNTAS PRESENTADAS POLO BNG NO PARLAMENTO DESDE O ANO 2022

No Parlamento o problema de moscas no Val da man do BNG

O BNG DEMANDA XUNTA QUE A XUNTA EXERZA AS SÚAS COMPETENCIAS PARA RESOLVER O PROBLEMA DA PRAGA DE MOSCAS NO VAL
No Parlamento o problema de moscas no Val da man do BNG

Durante os meses de verán dos 6 últimos anos veñen producíndose pragas de moscas na parroquia do Val, no Concello de Narón. Prodúcense dun xeito intermitente, variando a duración, e mesmo as maiores concentracións tamén cambian dun lugar para outro. A día de hoxe tamén se teñen dado casos na parroquia de Castro.

A intensidade da presencia das moscas é tal que impide a realización dunha vida normal nas casas afectadas, sen entrar a valorar problemas de saúde pública que podan estar relacionadas coa causa ou foco da praga, ou que poidan chegar a producise como consecuencia da presencia desmesurada das moscas.

A causa pola que aparecen ou se producen estas pragas descoñécese e desde a asociación de veciños e veciñas teñen instado reiteradamente a actuación dos responsábeis municipais, sen que até o de agora desde o Concello de Narón puideran aclarar as causas nin ofrecer solucións.

Mais o certo é que lonxe de ser un problema illado esta situación afecta a máis dunha vintena de concellos en toda Galiza ademais de Narón, como Poio ou Ponteareas.

A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) xa alertou en múltiples ocasións sobre a gravidade da situación, e en maio de 2024 instou á Xunta de Galiza a poñer en marcha un plan de intervención urxente, semellante ao establecido para o control da vespa velutina.

O BNG, a través do deputado no Parlamento Galego Mon Fernández, presentou até en 3 ocasións preguntas dirixidas á Xunta sobre este problema. Concretamente nas datas 23 de xuño do 2022, 4 de xaneiro do 2023, e 28 de xullo do 2023. Ningunha  foi respondida pola Xunta de Galiza, incumprindo a súa obriga legal de facelo, demostrando que unha vez máis a Xunta do Partido Popular desaparece diante dos problemas.

Compre ter presente que a Xunta de Galiza é titular das competencias en materia de sanidade, medio ambiente e desenvolvemento rural.

É dicir, ten as competencias e polo tanto ten unha responsabilidade directa na solución do problema. Por estas razóns, o Grupo Parlamentar do BNG ven de presentar de novo unha batería de preguntas, acompañada nesta ocasión dunha proposta clara e concreta, a elaboración e posta en marcha “dun programa específico para o control e erradicación das pragas de moscas no Concello de Narón que inclúa accións preventivas, campañas de desinfección e medidas de control biolóxico”.

IMG_4944
IMG_4944
No Parlamento o problema de moscas no Val da man do BNG