Narón
UNKNOWN

PLENO DE NOVEMBRO

No pleno do mes de novembro presentamos dúas mocións: unha para protexer o Muíño das Aceas e outras moción sobre a reposición de servizos de tren suprimidos e plan de mellora da rede ferroviaria e creación do ente ferroviario galego. Narón ten moito que dicir se de tren falamos.

Ler novas
Portadas

Moción do BNG para acabar coa invasora herba da pampa

A Herba da Pampa é moi difícil de erradicar pero non se debe de facer algo por non poder facer todo. É preciso unha campaña de concienciación para que vaia desaparecendo de xardíns particulares e para que as propias administracións actúen e eviten a dispersión das sementes,  arrincando as que sexan posibles (arrincar unha vez e volver facelo) .

Ler novas
Portadas

Moción do BNG para acabar coa invasora herba da pampa

A Herba da Pampa é moi difícil de erradicar pero non se debe de facer algo por non poder facer todo. É preciso unha campaña de concienciación para que vaia desaparecendo de xardíns particulares e para que as propias administracións actúen e eviten a dispersión das sementes,  arrincando as que sexan posibles (arrincar unha vez e volver facelo) .

Ler novas
UNKNOWN

O BNG de Narón pregunta ao goberno municipal por qué cede ao Rácing de Ferrol as instalacións de Río Seco, cando o clube de atletismo naronés realiza alí os seus entrenos

Ante a información de que o Rácing de Ferrol vai xogar dous partidos en Río Seco (tendo en conta que no Concello de Ferrol dispoñen de campos para facelo) queremos saber os motivos, cando o obxetivo preferente de Río Seco debe ser a práctica deportiva dos clubes naroneses.
Ler novas
Portadas

Narón ante o inicio do curso escolar

O BNG vén de reunirse no parlamento con diferentes sectores do sistema educativo e cunha reunión presencial coas diferentes federacións de ANPAS públicas para preocuparse e reclamar medidas acaídas para un inicio de volta ás aulas SEGURO. No BNG de Narón, através do noso grupo municipal tamén fixemos o noso traballo solicitando, máis unha vez, información ao concello e reclamando diferentes cousas. O grupo de goberno púxose en contacto con nós e dixo que ía valorar as ideas e informarnos nos vindeiros días. Desde o BNG consideramos que deberíamos facer unha declaración institucional pola demora en información da Xunta de Galiza que non se vai dar até setembro e presumíbelmente até o día 7 (cando comezan as aulas o 10), ou unha rolda entre todos os grupo municipais con presenza dos seus voceiros/as para enfatizar a situación na que se atopan moitas familias do noso concello. Ademais, pedimos que o concello apoie as posíbeis mobilizacións que se barallan antes do inicio do curso.

 

 

Ler novas
Portadas

Garantías para o tecido asociativo á hora de dispor das instalación municipais

No pleno extraordinario de Narón aprobouse a normativa para as taxas deportivas axeitándoas, como debe de ser, aos tempos do Covid. Estamos dacordo e vemos lóxico que se faga.

Ademais  desde o grupo municipal do BNG de Narón vimos necesario solicitar outras taxas para usos de instalacións municipais de entidades e asociacións máis económicas e que permitan que, no noso concello, o asociacionismo medre e axude a ter unha cidade dinámica e se fagan actividades que sexan punto de encontro para toda a veciñanza.

 

Ler novas
Portadas

Necesidade de actuación URXENTE no camiño de Santiago ao seu paso por Narón

A situación do camiño inglés e de san andrés de Teixido ao seu paso por Xuvia e o Couto en Narón atópase con escombros, sen accesibilidadade, cartelería rota, un muíño das Aceñas en estado ruinoso e co tellado caído e, ademais, con zonas sen valar con fendas en pasos e pontes “na que pode caer perfectamente desde un neno a unha persoa adulta directamente á ría desde unha altura de metros, calquer día temos unha desgraza en Narón se non o solucionamos indica Marta Grandal, responsábel local do BNG de Narón.

Ler novas
UNKNOWN

Escolas infantís pechadas : non conciliación para as familias

Moitas familias de Narón piden axuda ao Concello para poder conciliar. Creáronse campamentos para nenos de 3 a 12 anos, pero os que están na franxa de idade de 0 a 2 non teñen esa posibilidade, e o Concello dí que si non se poden abrir as escolas infantís resúltalle imposible prestar esta axuda.
Ler novas
Portadas

O BNG de Narón agradece o apoio "histórico" obtido nas eleccións galegas

Olaia Ledo, voceira municpal do BNG de Narón destacou, nunha entrevista aos medios os 4.267 votos obtidos para o BNG nas galegas do 2020, que representan case o 30% de votantes. “É un resultado histórico en Narón, subimos en todas as parroquias nun contexto onde votou menos xente na nosa cidade, de feito o resto de organizacións diminuíu o número de votos e nós non. Para nós é un traballo colectivo, de moito tempo e é un orgullo pertencer a unha organización que traballa polo benestar de todas as persoas que vivimos aquí. E que dicir de Narón, só podemos dalas GRAZAS, de corazón, e que traballaremos para devolverlles todo o apoio e azos recibidos"
Ler novas
Portadas

Aprobada a moción do BNG a prol da visibilidade e dereitos LGBT+

Esta mañá tivo lugar o último pleno de Narón e a única moción presentada foi aprobada coas únicas abstencións do PP. O colectivo Avante Ferrolterra interveu no pleno para visibilizar a súa loita e a situación que teñen que vivir no día a días as persoas do colectivo.

“Foi un día importante para Narón” declara Olaia Ledo, voceira do BNG “de cumprirse o aprobado no pleno, o 2020 xa será un pouco mellor que o 2019 na loita por unha igualdade real para todas as persoas. As administracións temos a obriga de lexislar, traballar, colaborar e escoitar para avanzar na visibilidade da sociedade diversa que xa somos de facto”. Desde o BNG somos conscientes de que a moción é só un paso e que os verdadeiros cambios virán nas accións do día a día, no recoñecemento das múltiples identidades.

 

Ler novas
Portadas

Presentación dunha moción a prol dos dereitos LGTB+

Antes de rematar o ano e, despois de falar con diversos colectivos, consideramos imprescindíbel a posta en marcha de medidas, cursos de formación, material audiovisual, asesoramento para todas as persoas en materia LGTB+. A visibilidade é o paso primeiro e Narón pode ser un referente na loita pola igualdade e diversidade en todos os ámbitos. "Esta moción parécenos importantísima e sentímonos moi orgullosas de presentala. Consideramos imprescindible avanzar en todos os dereitos para sermos iguais e para iso a formación, a conducción e o acceso a materias que promovan a diversidade fase fundamental" declara Olaia Ledo, voceira do BNG de Narón "de saír aprobada esta moción no pleno da vindeira semana Narón dará un paso xigante de cara a construir un concello con todos os dereitos para todas as persoas, un concello que xa é diverso e que traballa pola igualdade real

 

Nel márcanse puntos como a formación do persoal traballador, cursos, palestras e obradoiros específicos nos centros de ensino, instar á Xunta por una nova lei de identidad de xénero, dotar as bibliotecas e locais socias de material audiovisual e libros de temática LGBT+ ou realización dun congreso interdisciplinar en colaboración coa Universidade da Coruña no que se presente o traballo dos equipos de investigación, convertido a Narón en referente e exemplo en materia LGTB+ 

Ler novas