O PLENO DE SETEMBRO VEU CO INTERESE DA SITUACIÓN VIVIDA NO INICIO DO CURSO ESCOLAR

Pleno setembro 2020. Non á taxa de sanemento, si a un inicio de curso seguro

O BNG de Narón vota en contra das taxas que se van imponer á veciñanza de Narón pola subministración de auga potable, sanemento e depuración de augas residuais 
Pleno setembro 2020. Non á taxa de sanemento, si a un inicio de curso seguro

Vivimos nun momento de pandemia onde a saúde das persoas é fundamental. Para iso é preciso blindar os servizos públicos e no BNG traballamos responsábelmente en aportar solucións ante unha crise sanitaria, económica, ecolóxica e onde o benestar de todas as persoas ten que defenderse defendendo e dotando de recursos todos os servizos públicos. Isto tivo moito que ver co pleno de setembro en Narón. Aquí vos dexiamos un breve resumo.

O BNG de Narón vota en contra das taxas que se van imponer á veciñanza de Narón pola subministración de auga potable, saneamento e depuración de augas residuais 

 

O BNG de narón  considera abusivas as taxas que veñen de ser aprobadas e van ser impostas á veciñanza de Narón pola subministración de auga potable, sanemaento e depuración de augas residuais  (sobre todo na parte que atende no rural ) “ no mellor dos casos unha vivenda pagará arredor dos 1000 euros cando noutros concellos do redor é bastante inferior” indica Geno Carballeira, concelleiro do BNG e representante da comisión de facenda polo bloque e, tamén,  por cobrarse nela a taxa de sanemento da EDAR que “ non debería existir porque estamos a pagar unha obra de interese xeral , hipotecándonos 45 anos a unha obra que debería de facerse cargo o estado” afirma Olaia Ledo, voceira municipal do BNG de Narón.

 

Ademais critican as formas tanto do goberno municipal como do partido popular na modificación que se pide no trazado do camiño de Santiago “ as cousas fanse doutra maneira: toca instar a patrimonio para que estude o trazado histórico do camiño, somos conscientes que un recheo da ría non é o trazado primitivo mais tamén hai que atender o camiño de San Andrés aínda máis antigo que o de Santiago como xa reclamou o BNG este verán

 

 

 

INICIO DE CURSO ESCOLAR.

Hoxe aprobouse unha moción do inicio do curso despois de que o BNG instara a facer unha declaración institucional. “o espíritu é ser un grau de area que apoie á comunidade educativa e que traslade propostas necesarias para este inicio de curso e o que vén. O goberno de Feijóo está inmerso no caos e foi necesaria unha rebelión responsable para plantarlle cara. Nós non facemos crçitcas b aleira, o BNG pon solucións enrib da mesa” afirma Olaia Ledo , Portavoz municipal do BNG de Narón

Pleno setembro 2020. Non á taxa de sanemento, si a un inicio de curso seguro