O BNG DE NARÓN PRESENTA A TOTALIDADE DA SÚA CANDIDATURA DAS MUNICIPAIS DE MAIO CUN PROXECTO QUE PON AS PERSOAS E O SEU BENESTAR NO CENTRO

A candidatura da ilusión

candidatura municipais 2023
candidatura municipais 2023

A candidatura do BNG está dotada de experiencia municipal, capacidade e práctica no eido laboral e no movemento asociativo da cidade de Narón. Presentamos publicamente a listaxe de persoas que integran a candidatura para as eleccións do 28M que, en palabras de Olaia Ledo, vindeira alcaldesa, conforman “un equipo preparado para gobernar". “Son persoas co corazón en Narón e capacidade, formación e compromiso para xestionar os retos do noso concello, cun proxecto claro e transformador. Con ilusión e traballo poremos os servizos sociais, a igualdade, a cultura, o emprego, o deporte, o ecoloxismo, integrar rural e urbano e o espazo público, como bens de primeira necesidade”, indicou. 

Olaia Ledo Díaz
Olaia Ledo Díaz
A candidatura da ilusión

Como liñas de traballo prioritarias, Ledo indica “o concello precisa un cambio capaz de aproveitar o noso potencial, o octavo concello do país en poboación e cunha media de idade nova, precisa dun proxecto apaixonante para todos os barrios e parroquias e que poña no centro as persoas que viven e traballan en Narón. Tamén continuaremos ter voz en todos os lugares que se deciden cousas para Narón; fomos os únicos nesta lexislatura de falar das necesidades do noso concello no congreso, no parlamento galego e na deputación e por iso, vanse instalar por exemplo, ascensor nos coles do Feal e a Gándara, temos radioloxía no centro de saúde ou o ministerio tivo que atender as necesidades do persoal de Correos. Isto, lamentablemente, non pode facelo o actual goberno en minoría”. Engade Ledo “Queremos un concello con dereito á vivenda e prezos asequíbeis para o alugueiro; un concello que apuntale os servizos públicos e que externalice servizos, un concello empático coas necesidade da veciñanza e que presente as súas propostas mirando a todos os veciños e veciñas aos ollos, con humildade e cun proxecto claro e transformador”.

A lista conta persoas de todas as parroquias e barrios e é “unha candidatura preparada para liderar un goberno BNG, un goberno que saque a Narón do bypass actual, que non se conforma e que ten medidas para poñer en marcha desde o primeiro día na corporación. Vimos dunha oposición construtiva e dialogante estes catro anos; fixemos máis propostas que ninguén e algunhas conseguimos que se levasen a cabo; e, cando tivemos que facer crítica ante unha xestión nefasta, sempre o fixemos poñendo unha solución enriba da mesa. Queremos que o octavo orzamento deste país non gaste todo en gasto corrente como agora se non que invista, que faga o que prometa e que marque un Narón orgulloso do que ninguén queira marchar, onde todas as persoas poida gozar do espazo público independentemente da súa idade, xénero ou condición. Temos o mellor equipo e queremos que a veciñanza crea en nós porque nós xa cremos nas persoas que conformamos Narón” explica Ledo.

 

Quen é quen na candidatura nacionalista?

As persoas que fan parte deste proxecto e dan un paso adiante na candidatura naronesa do BNG, salientan pola súa implicación nos seus eidos laborais e no tecido asociativo do municipio. O número dous da candidatura é Geno Carballeira. O número tres é Bea Puentes, que traballa en Servizos Culturais no Padroado do Concello. Manu Teijeiro, de número catro, carpinteiro e que está implicado no movemento asociativo do Val. Ademais completan a lista persoas como Lucía Barrio, farmacéutica na Gándara e asociada a Esculca. Sílvia Bogo, enxeñeira química; Daniel Agulló, profesor de ensino medio e músico. Lidia Romero, orientadora laboral; Manuel Hermida, Nicolás Manso ou Pepe Teixido traballadores do sector naval. Carmela Formoso do sector sanitario; Pili Carballeira, psicóloga e activa no tecido asociativo con Aspanemi e BBTTA. Marcos Sánchez, sindicalista; Carlos García, do sector das renovábeis ou Ángeles Iglesias e Rocío González, do sector servizos. Dá un paso tamén de maneira pública, Daniel Cánovas, coñecido en Narón pola súa implicación e formación no sector cultural galego e, están tamén, persoas históricas da organización nacionalista, como Xosé Anxo, camioneiro; Marica Sánchez-Andrade, médica ou Margarida Leirachá, que foi concelleira de mocidade. Ademais, no número dez, vai a actual responsábel local, Marta Grandal e no sector da Mocidade. Van dúas persoas “sobradamente preparadas”, como Ana Mouriño; traballadora no sector do turismo como consultora telemática de solucións para clientes; ou Daniel Amarelo, investigador, editor e defensor das linguas minorizadas. É tamén activista do movemento LGBTQ+. 

 

A Candidatura (coas profesións e parroquia ou barrio do que veñen)

 

1.- Olaia Ledo Díaz (Traballadora autónoma no audiovisual.Candidata á alcaldía. Xuvia)

2.- Geno Carballeira López (Técnico no sector das alarmas. Doso)

3.- Beatriz Mosquera Puentes (Traballadora do sector cultural. Sedes)

4.- Manuel Teijeiro Dopico (Carpinteiro. Val)

5.- Carlos González Calvo (Técnico superios en administración e finanzas. Freixeiro)

6.- Dolores Prieto Luna (Directora Galiña Azul de Xuvia. Casas da Mariña)

7.- Nicolás Manso López (Tubeiro en Navantia Ferrol. San Mateo)

8.- Lidia Romero Picos (Orientadora laboral e pedagoga. Pedroso)

9.- Manuel Hermida Franco (traballador sector naval. Piñeiros)

10.- Marta Grandal Anca (traballadora no concello de Narón. A Solaina)

11.- Daniel Agulló López (Profesor instituto. O Couto)

12.- Ana Mouriño Pérez (Senior customer Solutions ConsultantO Alto)

13.- Lucía Barro Miñones (Farmacéutica. A Gándara)

14.-  Rodolfo Fernández Vázquez (Traballador Navantia. San Xiao)

15.- Xosé Luís Rey Castro (Xubilado do sector naval. Castro)

16.- Pili Carballeira López (Psicóloga perinatal. Piñeiros)

17.- Daniel Amarelo montero (Investigador e editor. O Couto)

18.- Ángela Iglesias Varela (traballador en sector da alimentación. Sedes)

19.- Marcos Sánchez Branco (sindicalista no sector industrial da madeira. A Solaina)

20.- Silvia Fernández Bogo (enxeñeira química. O Feal)

21.- José Ángel Rodríguez Grandal (autónomo no sector da construción e servizos. Doso)

 

Suplentes:

22.- Xosé Miguel Varela Serantes (Xubilado. Freixeiro)

23.- Margarida Leirachá Pita (Orientadora Laboral. O Val)

24.- Daniel Cánovas Calvo (Funcionario no sector cultural. Xuvia)

25.- Rocío Rodríguez Sabio (Traballadora no sector dos seguros. O Val)

26.- Pablo Pico Arenas (Economista. A Gándara)

27. Marica Sánchez – Andrade (Médico atención primaria. Xuvia)

28.- Carlos Ramón Oca Ben (traballador sector da alimentación. A Solaina)

29.- Luisa Gundín García (xubilada do sector servizos. O Feal)

30.- Pepe Teixido Vidal (traballador Navantia. Sedes)

31.- Mª do Carme Formoso Corral (Administrativa no CAMF Ferrol. O Couto)

A candidatura da ilusión