PROMETE SEGUIR A TRABALLAR PARA CONTRUÍR O NARÓN DE TODAS E TODOS E UN PAÍS CON FUTURO

O BNG de Narón agradece o apoio "histórico" obtido nas eleccións galegas

Olaia Ledo, voceira municpal do BNG de Narón destacou, nunha entrevista aos medios os 4.267 votos obtidos para o BNG nas galegas do 2020, que representan case o 30% de votantes. “É un resultado histórico en Narón, subimos en todas as parroquias nun contexto onde votou menos xente na nosa cidade, de feito o resto de organizacións diminuíu o número de votos e nós non. Para nós é un traballo colectivo, de moito tempo e é un orgullo pertencer a unha organización que traballa polo benestar de todas as persoas que vivimos aquí. E que dicir de Narón, só podemos dalas GRAZAS, de corazón, e que traballaremos para devolverlles todo o apoio e azos recibidos"
O BNG de Narón agradece o apoio "histórico" obtido nas eleccións galegas

O BNG é a única forza no noso concello que gaña votos nestas eleccións e, desde a asemblea local, queren iniciar un período de contacto, coñecemento e implicación coa veciñanza de Narón e para aquelas persoas que queiran colaborar, reclamar, serens escoitadas e facer propostas. "Entendemos que a política non é só votar cada 4 anos e o conxunto da poboación pode participar de maneira directa ao facer chegar propostas para conseguir unha mudanza, igual que a nivel galego tamén no ámbito local”, explica Marta Grandal, responsábel local e traballadora na oficina municipal do BNG.

"Narón ten moito que avanzar en positivo por suposto mais precisamos de estar en moitos sitios para conseguir cousas. Este ano conseguimos radioloxía para o centro de saúde mais aínda queda que a Xunta acepte unha unidade de saúde mental en Narón con psicoloxía clínica, unha residencia de maiores pública, un centro de formación profesional, transporte urbano acaído e que chegue até os polígonos e termos unha cidade amábel onde todas as persoas teñan o espazo público coma un ben e un dereito. Recuperar o noso patrimonio e ter uns orzamentos que se destinen a integrar rural e urbano , a que toda a cidadanía teñamos os mesmos dereitos" explica Olaia Ledo que ademais de portavoz na localidade é membro da executiva nacional desde hai catro anos con responsabilidades en comunicación "traballamos porque cremos neste país e na súa xente e defendémola onde faga falla. Vímolo este tempo en Madrid onde o deputado Néstor Rego fixo máis por todas e todos nós nun mes que o resto dos deputados galegos en anos"

Así, desde a asemblea local somos conscientes da ilusión que proxecta o bloque e as arelas de cambio a mellor, de ahí a convertirse nestas eleccións en líderes da oposición no parlamento galego. "Na nosa localidade a xente está a pedirnos información" recalca Geno Carballeira, concelleiro do BNG "somos unha organización en constante construción e non nos poñemos límites, cremos no BNG como ferramenta para solucionar os problemas da xente e para nós comezan agora catro anos de ilusión e de soños por construír. Conseguirémolo" indica Olaia Ledo.

 

O BNG de Narón agradece o apoio "histórico" obtido nas eleccións galegas