NARÓN TEN UN PATRIMONIO VALIOSÍSIMO PERO SE NON O RECUPERAMOS ESMORECERÁ COMO XA ESTÁ A ACONTECER

Fontes e patrimonio a caer na beira do río Xuvia en Narón

Defender o noso patrimonio, facer rutas seguras é cousa de todos. A beira do río Xuvia pode estar acondicionada e contar con fondos europeos mais para iso precisa que se mire e se traballe por esta contorna.

 

 

Fontes e patrimonio a caer na beira do río Xuvia en Narón

Desde o BNG xa falabamos desta zona no noso programa electoral na páxina 46 (http://naron.bng.gal/media/naron/files/2019/05/09/4-5956033571171861826.pdf?fbclid=IwAR0Uze_yRs5v5L_tsngtHv4HhWnWYtZ955AwbPZGXUGYROjoG4D-v7u_ueA) e, cando preguntamos antes de comezar este periodo de catro anos a resposta por parte da alcaldesa foi "que xa estaba todo arranxado neste camiño" mais nós pensamos que claramente NON é suficiente. No programa dicimos a modo de resumo "Impulsar unha gran ruta de sendeirismo e deportiva polas beiras do río Xuvia, e que teña coma porta de entrada o Muíño de Xuvia e continúe pola presa do rei, e a área recreativa de Doso-Pedroso. Estudar a posibilidade de facer esta ruta supramunicipal con financiación de fondos europeos". Seguimos a defender o mesmo e por iso temos que reclamar, na campaña a respecto dos camiños e rutas de Narón que estamos a levar a cabo este verán o seguinte:

( As imaxes que vedes nesta nova son cedidas por unha veciña de Doso. Grazas).

🍀 Hai tempo que viñeron do concello buscando en Doso📍 a fonte dos Vidueiros e non a atoparon. Nós, despois de falar coa veciñanza, SI.

Informamos ademais (por se o concello quere recoller a información tamén) que en Doso con lavadoiro hai as seguintes fontes en dominio público:

1. Fonte da Paula (lugar da Braña)

2. Fonte de Santá

3. Fonte de Bustelo

4. Fonte da Costa

5. Fonte de Cerdeiras

6. Fonte dos Tortos

7. Fonte de Carballo Furado

8. Fonte dos Vidueiros

... e tamén está a Fonde de San Lourenzo que non ten lavadoiro.

❗️Reparala é poñer en valor o noso patrimonio e permitir desfrutar dela e o seu uso ás diferentes xeracións. Queremos un #Narón mellor . Desde o bng traballamos por facelo realidade

Captura de pantalla 2020-08-26 a las 17.46.43
Fontes e patrimonio a caer na beira do río Xuvia en Narón