Denunciamos o abandono da cartelería informativa e os indicativos das rutas de sendeirismo e etnográficas.
Denunciamos o estado de abandono da cartelería informativa da Senda Ártabra o dos postes indicativos da ruta por esta senda e do Camino a Santo André.
O BNG denuncia que non existe proxecto para a parcela que ocupa o cuartel da Guardia Civil de Xuvia.
No BNG denunciamos que o proxecto de derrubamento aprobado polo goberno cun modificado de crédito vén sen un proxecto posterior de uso cando o concello prometera nas últimas elección municipais unha piscina terapéutica. Desde o BNG tememos que seguirán sen proxecto “máis alá de vender fume” cando toque campaña electoral no 2023. Tamén preocúpalles o elevado gasto de derrubamento.
O BNG denuncia que o concello non contempla na inauguración do muíño de Xuvia a limpeza dos lodos que permitirían accionar o movemento dos rodicios. Desta maneira o muíño non poderá accionar o mecanismo de moenda polo que foi creado.
No BNG de Narón visitamos a contorna do muíño de Xuvia este xoves 28 ao remate dun pleno onde fixemos pregunta á alcaldesa para que explicase se pensa inaugurar o Muíño de Xuvia sen poder funcionar a moenda a pesar de restaurar os artiluxios fabrís do propio muíño. A resposta da alcaldesa foi afirmativa mais, ante a información por parte da empresa adxudicataria e a revisión dos pregos do proxecto de rehabilitación polo BNG sabemos que minte e por iso denunciamos a imposibilidade de que sexa así pola cantidade de lodos que “taponan” o movemento natural dun muíño de río como neste caso o de Xuvia.
Reflexión sobre o patrimonio de Narón e o problema social que deriva del
Reclamamos a conservación do medio ambiente e do patrimonio do noso Concello
Desde o BNG consideramos inaceptábel o nivel de deixadez e abandono no que atopamos o patrimonio e as rutas turísticas do noso Concello, que forman parte principal do turismo pola súa beleza paisaxística e a súa historia..
Fontes e patrimonio a caer na beira do río Xuvia en Narón
Defender o noso patrimonio, facer rutas seguras é cousa de todos. A beira do río Xuvia pode estar acondicionada e contar con fondos europeos mais para iso precisa que se mire e se traballe por esta contorna.