Reclamamos a conservación do medio ambiente e do patrimonio do noso Concello

Desde o BNG consideramos inaceptábel o nivel de deixadez e abandono no que atopamos o patrimonio e as rutas turísticas do noso Concello, que forman parte principal do turismo pola súa beleza paisaxística e a súa historia..

 

Reclamamos a conservación do medio ambiente e do patrimonio do noso Concello

A nosa responsábel local, Marta Grandal, presentou no rexistro do Concello un escrito no que reclama a conservación do noso patrimonio e do medio ambiente. Está moi ben publicitar a ruta dos Muíños e os Camiños de Santiago e San Andrés ao paso polo noso Concello, pero sempre e cando se atopen nun óptimo estado de conservación.

 

Instamos ao Goberno Municipal a levar a cabo as accións pertinentes (accións propias desde o concello e instar a outras administración tamén responsábeis a facelo)  para rematar con esta vergoña:

  • Limpeza do lixo na marxe das rutas.
  • Adecuación das rutas para facilitar a accesibilidade, mellorar o firme e retirar os obstáculos que dificultan o paso.
  • Recuperación e conservación do patrimonio, especial mención ao Muiño das Aceas, ao de Xuvia e á súa contorna.
  • Plan de actuación sobre as edificacións ruinosas que son patrimonio de Narón.
  • Solución ás zonas perigosas e con risco de caída.
  • Control das especies invasoras, tanto animais coma vexetais.
  • Reemplazar a cartelería vella e deficiente, e limpeza da existente.
  • Revisión das indicacións conflitivas nas rutas.
  • Limpeza e rexeneración da Ría e do Río Xuvia. Eliminación dos emisarios e canalizacións en desuso.
  • Adquisición do muíños das Aceas ben por compra ou ben por expropiación (aplicando a lei aprobada pola Xunta o 22 de maio de 2019)  para poder conservalo como merece o pobo de Narón
  • Informar de cales destes puntos xa están en proxección de facer.

Mon Fernández, deputado pola comarca ao Parlamento, que nos acompañou na xornada de limpeza do día 18, está a traballar para reclamar estas accións no Parlamento e que cada quen asuma as responsabilidades que lle corresponden.

 

Reclamamos a conservación do medio ambiente e do patrimonio do noso Concello