O BNG denuncia que non existe proxecto para a parcela que ocupa o cuartel da Guardia Civil de Xuvia.
No BNG denunciamos que o proxecto de derrubamento aprobado polo goberno cun modificado de crédito vén sen un proxecto posterior de uso cando o concello prometera nas últimas elección municipais unha piscina terapéutica. Desde o BNG tememos que seguirán sen proxecto “máis alá de vender fume” cando toque campaña electoral no 2023. Tamén preocúpalles o elevado gasto de derrubamento.
O derrubamento do cuartel da Guardia Civil é unha reclamación antiga dun barrio histórico que albergou a sede consistorial de Narón. Desde o BNG levamos reclamando tempo investimentos e consideramos elevado o gasto do derrubamento“Máis de 200.000 euros para derrubar despois de xa ter pagado 158.000 euros na súa compra semella esaxerado agora que imos ter que destinar boa parte dos orzamentos para servizos tendo en conta a crise na que se atopa o pobo pola suba de prezos” Indica Olaia Ledo, a nosa portavoz municipal.
Ademais das declaracións do grupo municipal, no BNG reclamamos transparencia e un proxecto para a parcela que conte coa participación veciñal do barrio de Xuvia. “O proxecto ten que ser participativo e que valga para gañar o espazo público para todos os naroneses e naronesas. Preocupante sería chegar ás eleccións municipais do 2023 vendendo o mesmo proxecto virtual que TeGa vendeu nas pasadas municipais a bombo e prato e materializouse en nada” afirma Ledo.
As reivindicacións do BNG de Narón veñen de antigo e xa iniciamos no seu momento unha campaña reclamando investimentos en todos os barrios e parroquia e en Xuvia neste cuartel concretamente. Denunciamos que o goberno segue sen proxecto nesta lexislatura e actúan só de cara a galería e isto é malo para toda a veciñanza de Narón.