O BNG de Narón solicita ao Concello que inicie un estudo económico financeiro de cara facer público o servizo de bibliotecas e auga
Narón é un concello que presta servizos a cerca de 40.000 persoas ( a octava poboación de Galiza) e nos que teñen que estar garantizada a súa calidade e, que as persoas traballadoras do servizo , teñan boas condicións laborais. Na actualidade, as necesidades do concello súplense con contratacións a empresas externas. O BNG naronés pon a punta en que é necesario que certos servizos sexan de xestión directa e, máis nos tempos que corren, que a xente teña garantido un emprego e que poida ser fixo a través da contratación pública “poñemos o foco agora na Biblioteca e no servizo da auga pero é só a punta do iceberg. Pedimos que a xestión sexa pública e que o cadro de persoal se manteña” indica Olaia Ledo, voceira municipal do BNG.
Para facer esta reclamación vimos de presentar no rexistro un documento coas seguintes solicitudes:
1.- Instar ao goberno municipal a que encargue un estudo económico-financieiro sobre a xestión das bibliotecas públicas de Narón, coa idea de pasar a unha xestión directa con persoal municipal.
2.- Instar ao goberno municipal á solicitude da emisión, coa máxima celeridade posíbel, dun estudo económico-financieiro sobre a xestión do servizo de augas e sanemaneto (en poder de COSMA actualmente) para ir estudando con tempo e a dedicación que se merece un tema deste calado, a posíbel xestión 100% pública deste servizo, co abaratamento que suporía para a veciñanza.