MOCIÓN PARA A COLABORACIÓN E POSTA EN MARCHA DE MEDIDAS EFECTIVAS PARA PULAR POLA DIVERSIDADE
Presentación dunha moción a prol dos dereitos LGTB+
Nel márcanse puntos como a formación do persoal traballador, cursos, palestras e obradoiros específicos nos centros de ensino, instar á Xunta por una nova lei de identidad de xénero, dotar as bibliotecas e locais socias de material audiovisual e libros de temática LGBT+ ou realización dun congreso interdisciplinar en colaboración coa Universidade da Coruña no que se presente o traballo dos equipos de investigación, convertido a Narón en referente e exemplo en materia LGTB+
Moción BNG de Narón
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A loita contra o patriarcado conleva traballar por concellos feministas que pulen tamén a prol da liberdade sexual e de xénero. Para iso, ademáis do traballo diario con colectivos feministas é preciso brindar apoio ás asociacións LGBT, así como establecer un diálogo continuo e estreito con elas para o tratamento das necesidades do colectivo, para a elaboración de medidas lexislativas e campañas de concienciación e contra a descriminación.
O BNG leva anos facendo propostas e defendendo proposicións de lei a favor dos dereitos de todo o colectivo LGBT e poñer fin á descriminación en particular en ámbitos coma o laboral ou unha prestación do servizo sanitario. Desde Narón é necesario facer os estudos pertinentes para visualizar esta realidade e traballar todas e todos na defensa dunha igualdade real. O Concello de Narón, na procura do benestar social e de facer un concello aberto para todas as persoas pode promover cos recursos dos que dispón, dun centro ao modelo dos antigos centros Quérote e que foron desmantelados pola Xunta de Galiza, con motivo de formar, informar e acompañar en materia de sexualidade especialmente á mocidade, xa que estamos a falar de persoas que poden ter temores, dúbidas e que non atopan un espazo seguro nas súas casas que fan que precisen apoio e acompañamento da man de profesionais.
É por isto polo que reclamamos o seguinte acordo.
ACORDO
- Instar ás diferentes administracións a que emitan a documentación conforme á identidade de xénero sentida sen necesidade dun cambio previo do DNI.
- Aproveitar a rede de centros sociais do Concello existentes para estender campañas e actividades de sensibilización para contribuír a combater o machismo e a LGBTfobia.
- Aposta tamén para elaborar un programa a nivel municipal que leve aos colexios e institutos palestras, obradoiros e proxectos no ámbito LGBT como temática central e en contacto coas asociacións, fomentando especialmente a formación do profesorado e persoal administrativo dos centros de ensino e facer ao alumnado axentes directos desta formación.
- Dispoñer na biblioteca pública e na casa da mocidade dunha sección de recursos audiovisuais e escritos específicos; apoiar os proxectos culturais e artísticos da temática LGBT; organizar en conxunto coas asociacións LGBT actividades, como ciclos de cine, así como a proxección de material audiovisual, dentro da idea de Narón como cidade de encontro e acollida.
- Realización dun congreso interdisciplinar en colaboración coa Universidade da Coruña no que se presente o traballo dos equipos de investigación, convertendo a Narón en referente e exemplo en materia LGBT e promovendo a existencia dun grupo de investigación neste eido con profesionais de distintas áreas.
- Izado da bandeira do orgullo LGBT no consistorio nas datas conmemorativas e de reivindicación colectiva.
- Instar á Xunta de Galiza a que se cumpra a Lei 2/2014, do 14 de abril, pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galiza.
- Instar ao Parlamento Galego á aprobación dunha nova Lei de identidade de xénero.