Levamos unha moción a pleno solicitando un CIM para Narón
Reclamamos que o concello inicie os procedementos e acreditación do CIM de Narón mediante a solicitude á Xunta de Galiza para poder telo canto antes. As nacionalistas reclamamos que coa creación da Mesa interinstitucional de Xénero na localidade, a necesidade dun CIM é máis que evidente.
En decembro de 2020 o BNG de Narón presentamos, xunto coa Marcha Mundial de Mulleres, unha moción plenaria que reclamaba un Centro de Información á Muller (CIM) en Narón. A moción nese momento foi rexeitada polo bipartito de TeGa e PSOE aludindo a alcaldesa, Marián Ferreiro, que non era necesario e que desde servizos sociais municipais xa se ofrecía un servizo transversal. Desde o BNG lamentamos daquela que Narón fose contra todas as indicacións que especifican a necesidade de crear espazos seguros para as mulleres víctimas de violencia machista.
Agora, en maio de 2024 e unha vez aprobada a nosa moción que foi a orixe da creación dunha Mesa Interintitucional contra a violencia de xénero en Narón e adherirse despois ao código Viogen, o reclamamos que por fin se inicien os trámites para a constitución do CIM.
“Nas mesas interintitucionais contra a violencia de xénero vén recollido que haxa unha persoa representante do CIM mais en Narón aínda non o temos porque se primou a mala xestión de obras custosas que rematan sendo un fiasco que a de conseguir avances sociais. Nós non estamos para estar cómodas e cómodos se non para que Narón sexa mellor cada día. A violencia machista é unha lacra e desde as administracións debemos poñer todos os recursos dos que dispor. O feito até agora non chega” declara a nosa portavoz municipal Olaia Ledo, “Un CIM ten que estar nun lugar céntrico e nós temos o vello centro de saúde pechado á espera de que a TeGa se lle ocorra algo que facer con el... pois aquí teñen unha posibilidade. Ademais, a súa creación xeraría recursos de carácter permanente desde os cales articular unha intervención global a mulleres de maneira individual ou colectiva desde asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional ou sociolaboral” indica Ledo