Levamos unha moción ao pleno solicitando a adhesión de Narón ao centro de transformación agroalimentario Fusquenlla.

Bea, Olaia e Geno
Bea, Olaia e Geno

Solicitámoslle ao goberno municipal a adhesión do concello de Narón ao centro de transformación agroalimentaria intermunicipal e de xestión pública que hai na comarca, a Fusquenlla en Moeche.

Levamos unha moción ao pleno solicitando a adhesión de Narón ao centro de transformación agroalimentario Fusquenlla.

A Fusquenlla é un Centro de Transformación Agroalimentaria intermunicipal e de xestión pública que está promovido polos concellos de Cerdido, Moeche, San Sadurniño e Valdoviño na actualidade. Está previsto que no mes de xaneiro máis concellos se adhiran a esta iniciativa como é o caso de Cedeira e, desde o BNG,  reclamamos que Narón sexa un dos concellos adheridos. Na actualidade hai 102 persoas inscritas para realizaren cursos de formación no centro ou esperando para facer uso del e que, unha gran parte, xa son naronesas ou naroneses.

De feito, a colaboración intermunicipal fixo posible que o centro, con dous anos de vida en funcionamento atraia persoas da comarca e alén dela para os cursos de formación e uso das instalacións. “No BNG sabemos que o sector primario precisa impulso e, Narón, ten case tres cuartas partes do  seu territorio en zona rural e moitas familias con producións pequenas, excedentes de froita e/ou produtos de horta. Sabemos que o concello mostrou interese pola iniciativa polo que presentamos esta moción para dar o impulso definitivo. Cun decreto de alcaldía xa sería posible e confiamos que desde o goberno así o fagan” indica Olaia Ledo, a nosa voceira municipal.

 

 

Levamos unha moción ao pleno solicitando a adhesión de Narón ao centro de transformación agroalimentario Fusquenlla.