O servizo de madrugadores nos centros escolares debe ser xestionado pola administración

20230727_092520

Indignación e preocupación ante o comunicado nas páxinas oficiais do concello respecto ao servizo de madrugadores.

O servizo de madrugadores nos centros escolares debe ser xestionado pola administración

Narón é un concello de clase traballadora que precisa de servizos de conciliación, como por exemplo o de madrugadores, servizos públicos prestados pola administración e non por ANPAS formadas por nais e pais de familias. Este servizo en xeral permite bonificacións, debe ter monitorado adaptado ás necesidades específicas do alumnado e unha serie de cousas que desde o BNG consideramos prioritarias. Queremos que o faga a Xunta, SI, mais mentres non o faga que o realice a administración mais cercana, se hai propaganda para dicir que somos a octava cidade hai recursos para facer este traballo.

Despois do comunicado presentado a día de hoxe polo goberno municipal quedamos, unha vez mais, fondamente preocupadas e indignadas. O concello informa que se mantén o servizo, mais si é así non entendemos por que non pode o concello facer e preparar todo como se comprometeu. Hai cousas que non encaixan e das que non temos explicación, xa que tampouco temos información, agás pola prensa e cando logo preguntamos e incidimos directamente ao goberno. 

Ante o comunicado de hoxe nas páxinas oficiais do concello vémonos na obriga de pedir ao concello humildade e boa xestión, unha vez que se comprometeu en pleno coa comunidade educativa e coa veciñanza de Narón de asumir este servizo tan esencial para as familias.

Copia de comunicado
Copia de comunicado

O servizo de madrugadores nos centros escolares debe ser xestionado pola administración