O GRUPO MUNICIPAL TEN PRESENTADAS AS SÚAS PROPOSTAS PARA OS ORZAMENTOS DO 2024 DESDE O 8 DE OUTUBRO DE 2023.

Seguimos sen ter información dos orzamentos, nin tan sequera un borrador, cando xa van máis de tres meses das nosas propostas

Grupo Municipal do BNG con Ledo no centro e Carballeira e Mosquera
Grupo Municipal do BNG con Ledo no centro e Carballeira e Mosquera

O bloque presentou por rexistro as súas propostas hai meses para abrir un prazo para o diálogo que nunca se deu por parte do goberno. Preocúpanos que o goberno en minoría de Terra Galega traballe “sen rumbo” e sen entender a importancia da negociación para ter uns orzamentos que xa van con retraso.

Seguimos sen ter información dos orzamentos, nin tan sequera un borrador, cando xa van máis de tres meses das nosas propostas

Consideramos urxente establecer un diálogo aberto co conxunto da corporación municipal para que Narón conte cuns orzamentos xustos, equitativos e que melloren o concello que merecen a cidadanía neste 2024. O BNG considera que calquera goberno en minoría debe establecer diálogo desde a humildade e, por iso, no pleno de decembro reclamamos contar polo menos cun borrador. Seguimos sen telo e sen saber nada. Ademais,  as propostas do BNG xa son coñecidas porque as presentamos en rolda de prensa hai máis de tres meses.  

Escoitamos constantemente que somos a octava cidade galega. Pois a octava cidade galega conta cun goberno en minoría incapaz de negociar ou presentar un borrador de orzamentos á oposición, mentres recorta recursos a entidades e asociacións e promete outras das que non temos coñecemento directamente e que semella fume para logo non facer nada. A experiencia dos últimos catro anos avalan estas verbas” afirma Olaia Ledo, portavoz municipal do BNG de Narón.

Preocúpanos que un goberno sen rumbo pretenda aprobar uns orzamentos con despotismo, que falen de Narón como feudo verde cando nin tan sequera sexan quen de manter a ruta dos muíños en condicións; que prometan melloras que non compren e que pretendan recortar a quen máis o necesita. Hoxe, estamos fondamente preocupadas pola situación” declara Ledo.

 

Seguimos sen ter información dos orzamentos, nin tan sequera un borrador, cando xa van máis de tres meses das nosas propostas