O Narón que soñamos máis preto
Carta aberta de Olaia Ledo Díaz, portavoz municipal do BNG de Narón
Carta aberta de Olaia Ledo Díaz, portavoz municipal do BNG de Narón
Detrás das que conformamos o grupo municipal do BNG de Narón hai moita xente. Hai unha asemblea que analiza e decide cousas, hai persoas que dedican parte do seu tempo libre a facer traballo polo BNG para transformar a realidade de Narón, Galiza e dun mundo máis xusto. Hai tanto traballo e ilusións que ás veces precisamos parar e analizar ben para facer o necesario e non só o urxente. Sempre o digo, mais convencida de que é verdade: calquera persoa da nosa candidatura podería estar no noso sitio defendendo un proxecto claro e de futuro para Narón, porque o BNG o ten e deféndeo. Non para vender que poñemos unha farola mellor ca outro… iso faino calquera! se non para levar onde temos voz ás persoas afectadas polas vivendas de Piñeiros como Pablo Melaski e que agora é un compañeiro máis; para defender ás persoas usuarias do SAF e persoal traballador… as traballadoras de INDITEX, LIDL ou Cándido Hermida (aínda que a algúns lles fose na nómina); para defender o espazo público do noso concello como un ben de primeira necesidade; para que se abra o muíño de Xuvia e non queden só as boas fotos de FOTOS ANTIGUAS que tan ben nos ilustra Masafre; para dicir NON a parques eólicos que afectarían ao noso concello; para desde o 2019 reclamar o servizo de madrugadores que conseguiron agora as ANPAS e que negociamos cun modificado de crédito para por fin ser unha realidade; para pedir outro modelo de participación cidadá ou para conseguir ser parte das Cidades que camiñan, ou do centro de transformación da Fusquenlla. Orgullosas estamos de que o concello, a través dunha moción nosa, enviase o seu rechazo ao tribunal internacional de dereitos humanos sobre o xenocidio en Palestina por parte de Israel (a pesar de non contar co apoio do psoe e do pp, outro mundo é posíbel)
Facémolo pola veciñanza, non para “arrepañar” catro votos ou buscar un titular rápido. Por iso seguimos e por iso soñamos. Para iso hai que camiñar e sabemos que hai quen quere que paremos, poucas persoas hai que dicir e sempre nos respostades con máis apoio cando acontece. Por todo isto… grazas!
As persoas imos e vimos, máis os proxectos permanecen. E o BNG vén hai algo máis dun ano en quitar os mellores resultados nunhas municipais en número de votos e porcentaxe en Narón. A piques do cuarto e sabendo que seguimos indo a máis. Que bonito. Olaia