BNG de Narón
Asemblea local BNG de Narón
BNG de Narón

Traballamos con ilusión por un Narón Mellor. Estamos orgullosas e orgullosos do nosos concello mais sabemos que é o momento de que deamos un paso cara adiante e que ademais de dotármonos de servizos sexamos unha cidade amábel para vivir, para estar, para quedar e para gozar dela. Queremos máis e que a xente que veña a vivir canda nós non o vexa como algo temporal se non que nos sitúe no mapa con orgullo entre as súas amizades e familiares. Como BNG non só traballamos por Narón se non que nos verás na rúa, en asembleas, nas institucións buscando a igualdade real de todas as persoas, polo benestar do pobo galego (con emprego, dereitos, servizos, transporte, coidando o medio ambiente, apostando polos sectores produtivos e o comercio de cercanía) e porque o futuro sempre sexa mellor. Soñamos e traballamos para facelo realidade. Se queres participar con nós estamos na rúa 25 de Xullo nº1, entrechán F (en fronte ao concello e ao centro de saúde). Abertos mércores, xoves e venres de 9:00 a 13:00 e de 16.00 a 18:30. Tamén nos podes atopar todos os días na oficina do grupo municipal no entrechán da casa do Concello. Podes enviarnos un correo a naron@bng.gal ou chamarnos ao 981 383 990 para calqueira información ou cuestión . Temos unha idea clara: sumar por Narón e por Galiza

Novas

DENUNCIAMOS QUE TEGA E PP QUEREN APROBAR O XOVES EN PLENO UNHA "COSMA II" PARA 2027 REXEITANDO A XESTIÓN DIRECTA DO SERVIZO DA AUGA

O Grupo Municipal do BNG no Concello de Narón denuncia publicamente que o goberno de Terra Galega (TEGA), coa abstención e o apoio tácito do Partido Popular (PP), pretende aprobar no Pleno Ordinario do próximo xoves a continuidade da xestión privada do ciclo integral da auga no concello. Esta decisión, formalizada no punto 5 da orde do día, supón a aprobación da "xestión indirecta mediante un contrato de concesión de servizos" que substituirá a actual concesionaria, COSMA S.A., cando o seu contrato expire en xuño de 2027.

Ler novas
Portadas
IMG-20251024-WA0003

Olaia Ledo anuncia que non será cabeza de lista en Narón nas vindeiras municipais.

A nosa portavoz municipal, Olaia Ledo, anuncia en rolda de prensa de que non continuará como cabeza de cartel nas municipais de 2027. A decisión “moi reflexioanada” e posta en coñecemento en asemblea abre un proceso de escolla de candidato/a. Olaia Ledo, ademais de ser portavoz municipal é membro da Executiva Nacional do BNG onde é a coordinadora de Ecoloxismo.
 
Ler novas
Novas

RECLAMAMOS UNHA ORDENANZA MUNCIPAL DE FESTAS E EVENTOS

Narón, conta con numerosas festividades parroquiais e diferentes espectáculos públicos mais, até o momento, carece dunha normativa propia reguladora destas actividades o que leva a que nos rexamos pola Lei de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galiza o que, en moitas ocasións, pode crear inseguridade xurídica.

Ler novas
Portadas
20231214_094524

CONSEGUIMOS QUE SE CUMPRA COA BONIFICACIÓN DO IBI QUE SE APROBOU A INSTANCIAS DO BNG

En novembro do 2024 aprobouse por unanimidade unha moción nosa para a bonificación do 50 % no IBI ás vivendas con sistemas de aproveitamento fotovoltaico. Isto non fora recollido como debían dado o carácter vinculante e obrigatorio da moción mais, despois de reclamar (de novo) conseguimos que se atenda esta demanda e se dispña xa dos cartos necesarios para efectivizala. 
Ler novas
Novas

Presentamos unha moción para solicitar unha oficina do SEPE na cidade e aliviar a saturación das de Ferrol

Desde o Grupo Municipal do BNG de Narón vimos de rexistrar unha moción para o Pleno municipal de Setembro co obxectivo de que o concello conte cunha oficina propia do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE). A iniciativa xorde da "saturación evidente" que sofre a oficina do SEPE en Esteiro, unha situación agravada polo mal remate dunhas obras que van obrigar o seu traslado ao edifcio de Correos da cidade.

Ler novas
Novas
IMG_9768

O BNG reclama que non se demore máis á marcha das subvencións nominativas e de concorrencia competitiva no Concello para este ano 2025 a través dunha moción para o seu debate en pleno.

O BNG de Narón, ven de presentar para o seu debate en pleno unha moción onde insta ao concello, que de momento ten os orzamentos prorrogados, a presentar o informe que proceda a permitir a sinatura das nominativas e a presentación das subvencións por concorrencia competitiva para todas as entidades de Narón. O BNG xa reclamara no pleno en febreiro do 2025 que se negociase coas entidades, agora o que piden é que se acorde facelo efectivo sen demoras.

Ler novas