Instamos ao goberno municipal a mudar a ordenanza de ruídos e vibracións.

depositphotos_19987681-stock-photo-horn-loudspeakers-on-a-pole
Instamos ao goberno municipal a mudar a ordenanza de ruídos e vibracións.

A Ordenanza que regula a actuación municipal en Narón dirixida a protexer ás persoas e bens contra as agresións producidas pola enerxía acústica nas súas manifestacións máis representativas: ruídos e vibracións, non permite o emprego de ningún dispositivo sonoro con fins de propaganda, reclamo, aviso ou espallamento.

As entidades asociativas farían uso moitas veces dos autofalantes para achegar a información á maior parte da veciñanza, convocándoos a unha asemblea, a un acto público... se isto estivese permitido, previa autorización, e non fose motivo de sanción, polo que desde o BNG instamos ao goberno municipal, mediante unha moción que presentamos para o seu debate en pleno, a mudar este punto na ordenanza municipal e permitir, de xeito regulado, o uso de dispositivos sonoros. 

Instamos ao goberno municipal a mudar a ordenanza de ruídos e vibracións.