Denunciamos o "abandono e desleixo" do goberno local co tecido asociativo da cidade
Presentamos unha moción para esixir a convocatoria inmediata das subvencións de concorrencia competitiva de 2026 e medidas de compensación polas axudas que o Concello deixou morrer o ano pasado.
O Goberno de Narón "fuxe cara adiante" cunha concesión da auga sen garantías económicas
Denunciamos a "irresponsabilidade" do Goberno local ao manter a súa folla de ruta para privatizar o ciclo integral da auga a pesar de recoñecer explicitamente que o expediente está incompleto e carece de estudos económicos rigorosos.
O estado de abandono de Aldea Nova mostra, unha vez máis, a neglixencia do goberno municipal
Aldea Nova inaugurouse en 2008 coa pretensión de “revitalizar a zona cun desenvolvemento sostible” segundo anunciaba daquela o goberno de TeGa.
Instamos ao Goberno Municipal a bonificar o IBI das vivendas con instalacións solares.
Levamos ao pleno de novembro unha moción na que instamos ao goberno municipal a modificar a ordenanza reguladora do imposto sobre bens inmobles e incluír na mesma unha bonificación para as vivendas con instalacións solares.
Reclamamos ao goberno galego a restitución da Secretaría Xeral de Igualdade.
Levamos, no mes de xuño, unha moción ao pleno na que solicita esixir ao goberno galego que dea ás políticas de igualdade o peso que lles corresponde, coa restitución da Secretaría Xeral de Igualdade con presenza no Consello da Xunta.
Instamos ao goberno municipal a mudar o Regulamento de Participación Cidadá
Presentamos unha moción no pleno de marzo onde pedimos abrir un espazo a toda a veciñanza para recoller propostas e modificar o Regulamento de Participación Cidadá porque din que o actual non está a cumprir os obxectivos para os que foi creado.