Deixadez do goberno municipal ante o deterioro do Parque do Río Freixeiro

O BNG denunciamos a deixadez do goberno municipal ante o deterioro que sufríu o Parque do Río Freixeiro nas inundacións de hai uns meses.
Deixadez do goberno municipal ante o deterioro do Parque do Río Freixeiro

A situación na que se atopa o Parque Río Freixeiro é lamentábel e moi perigosa para a veciñanza. O desleixo do goberno municipal de Narón lévanos a atoparnos con valos e cintas tiradas no chan desde hai uns meses, “estas medidas son simplemente informativas para avisar dun perigo pero non pode ser que dous meses despois a solución do goberno pase por non facer nada, non se arranxou nin unha táboa neste parque e agora os valos e as cintas tan só forman parte da paisaxe no chan”, indica Olaia Ledo, a nosa portavoz municipal.

Anúnciase a bombo e prato a senda peoníl que se está facendo para unir o Parque Río Freixeiro co Paseo de Xuvia, senda que xa está sendo transitada por un gran número de veciñas e veciños, pero que na zona de Freixeiro presenta unha grande perigosidade polas táboas rotas, barandas rotas e podrecendo, accesos para xente con mobilidade reducida desaparecidos, bancos deteriorados...

Deixadez do goberno municipal ante o deterioro do Parque do Río Freixeiro