O BNG insta ao Goberno Municipal a que se faga responsábel da Estrada de Castela

Instamos ao goberno municipal a que solicito á Xunta o traspaso da titularidade da Estrada de Castela para poder levar adiante a humanización da mesma.
O BNG insta ao Goberno Municipal a que se faga responsábel da Estrada de Castela
carretera-de-castilla-6fa527724372398f8f3904a28bd07ee3

A Estrada de Castela é a rúa que vertebra a nosa cidade e é o nexo co concello veciño de Ferrol. Presentamos unha moción para o seu debate en pleno na que instamos ao goberno municipal a solicitar á Xunta de Galiza a titularidade desta Estrada, "o concello ten que facerse responsábel dunha rúa que vertebra a nosa cidade e onde están o maior número de sucesos. Agora tiran balóns fóra e pagámolas os veciños e veciñas de Narón. Ven un plan de mobilidade e o lóxico é que o concello pida a Estrada de Castela á Xunta para transformar a realidade de Narón, sen excusas", dí Olaia Ledo, a nosa portavoz municipal.

O goberno municipal quere que a Xunta arranxe a Estrada antes de solicitar a súa titularidade, non a quere coller tal e como está porque dí que non é competencia súa o arranxo da mesma. Agora que o PMUS está en proceso de alegacións dámonos conta que sin ter competencias nesta estrada, que é a principal do noso concello, este PMUS vai quedar en papel. 

A falta de valentía deste goberno segue deixando os barrios de Narón divididos por unha estrada que non vai ser humanizada, xa que esta moción non foi aprobada polos votos en contra de TEGA e PSOE, o grupo de goberno.

O BNG insta ao Goberno Municipal a que se faga responsábel da Estrada de Castela