Instamos ao Goberno Municipal a bonificar o IBI das vivendas con instalacións solares.

Diseño sin título

Levamos ao pleno de novembro unha moción na que instamos ao goberno municipal a modificar a ordenanza reguladora do imposto sobre bens inmobles e incluír na mesma unha bonificación para as vivendas con instalacións solares.

Instamos ao Goberno Municipal a bonificar o IBI das vivendas con instalacións solares.

O BNG, cumprindo cos obxectivos dun concello sustentable, presentamos unha moción que promova enerxías sostibles e que repercutan no abaratamento da electricidade para as veciñas e veciños. Por isto, instamos ao goberno municipal a incluír na ordenanza reguladora do IBI (Imposto de Bens Inmobles) unha bonificación do 50 % da cota durante cinco anos para aqueles inmobles de uso residencial, e que sexan vivenda habitual, con sistemas de aproveitamento fotovoltaico.

A bonificación do IBI para vivendas con instalacións solares non é só unha medida responsábel co medio ambiente, senón tamén un investimento no futuro sostíbel do noso Concello”, declara Olaia Ledo, a nosa portavoz municipal. “Ademais, outros concellos xa o aplican e que mellor que promover un presente e un futuro para o noso concello menos contaminado e en beneficio da nosa saúde. Se queremos resultados diferentes temos que traballar por políticas diferentes”, indica Ledo.

Instamos ao Goberno Municipal a bonificar o IBI das vivendas con instalacións solares.