Reclamamos ao goberno municipal a retirada dos postes de telefónica caídos e dos que se atopan en mal estado

IMG-20231011-WA0007
Informamos a semana pasada ao goberno de Terra Galega o mal estado dos postes de telefonía e a caída dun deles na parroquia do Val. O luns 16, na comisión de obras, fixemos o mesmo ao comprobar que o poste que caeu sobre o muro dunha casa continuaba alí caído.
Reclamamos ao goberno municipal a retirada dos postes de telefónica caídos e dos que se atopan en mal estado

“ Un concello ten que supervisar, informar e incidir do que acontece nas súas rúas, máis con elementos que poden producir unha desgraza. Sexan estes elementos da súa propiedade ou non porque se non... para que queremos un goberno?” pregunta Olaia Ledo ante o que está a acontecer con postes de telefonía podres e en mal estado no concello de Narón. A resposta recibida polo concello é que os postes non son da súa propiedade. Consideramos que esa resposta é unha falta de respeto cara a cidadanía “sabemos perfectamente que eses postes son de telefonía pero tamén que, a administración máis próxima , ten que velar pola seguridade das veciñas e veciños de Narón. En Narón os cables soltos, que os hai , de telefonía son amarrados por veciños pero, nos que cruzan estradas e rúas xa non poden actuar. Nós seguiremos informando ao concello como tamén nos transmitiron pero a capacidade para supervisar está na man de quen goberna”.

Indicar que no Val caeu un poste sobre a fachada dunha casa porque ao estar os cables frouxos cruzando a estrada hai camións que chocan arrastrando o cableado e arrancando un poste en mal estado. O número de casas afectadas son 12 por esta caída, “estamos a falar dun problema grave que pode ter consecuencias fatais” insiste Olaia Ledo. Hoxe o poste segue tirado sobre o muro dunha vivenda.

Reclamamos ao goberno municipal a retirada dos postes de telefónica caídos e dos que se atopan en mal estado