Demandamos a homologación de maneira urxente das pistas de atletismo de Río Seco

As pistas de atletismo de Narón perderon a súa homologación por distintas obras feitas nas instalacións, obras que non cumplen as esixencias da RFEA e que, aínda con prórrogas concedidas, nunca se adaptaron a estas normas e rematou a prórroga sin que se solicitase de novo a homologación.
Demandamos a homologación de maneira urxente das pistas de atletismo de Río Seco

Agora que se está facendo unha inversión por parte do Concello nas pistas de atletismo de Narón, nas que se está contruíndo unha pista de lanzamentos, o BNG levamos a pleno unha moción para o seu debate na que pide que se fagan as obras dacordo coa normativa da Real Federación Española de Atletismo (RFEA) e se solicite de novo a homologación das instalacións para as competicións deste deporte.

En Narón contan cunhas instalacións deportivas en Río Seco que se fixeron, nun primeiro momento, para a práctica do atletismo. Co paso do tempo o campo interior das pistas foise usando para outros deportes que non estaba axeitado, coma o fútbol, xa que se estraga máis o campo e cousas básicas, coma a drenaxe do campo, non cumprían as súas funcións polo que houbo que facer obras. Todas as obras que se foron facendo neses momentos e a posteriori levaron a non cumprir a normativa da RFEA e a que se perdese a homologación das instalacións e, aínda que se lle concedeu unha prórroga ao concello para axeitar as mesmas e solicitar de novo esta homologación, nunca se volveu a renovar, o que conleva os desprazamentos das deportistas ao resto das provincias para competir, co custo que isto lles supón.

Ademáis disto o BNG pedimos que se axuste o protocolo COVID para que as deportistas, nos seus entrenamentos diarios, poidan facer uso dos vestiarios, tanto nas instalacións de Río Seco coma no resto de instalacións onde se practique calquer tipo de deporte ou actividade física.

 

Demandamos a homologación de maneira urxente das pistas de atletismo de Río Seco