COMUNICADO BNG DE NARÓN

Grupo Municipal do BNG con Ledo, Carballeira e Mosquera
Grupo Municipal do BNG con Ledo, Carballeira e Mosquera
COMUNICADO BNG DE NARÓN A RESPECTO DAS DECLARACIÓNS DE TERRA GALEGA SOBRE AS AXUDAS A DEPORTISTAS INDIVIDUAIS
COMUNICADO BNG DE NARÓN
Terra Galega, partido que goberna en minoría en Narón cada vez máis afastado da realidade naronesa.
1. Desde o BNG de Narón queremos deixar claro que non entendemos as declaracións de Terra Galega a respecto das axudas a deportistas individuais. No seu momento, e con declaración públicas nosas , manifestamos o noso rexeitamento a unha especie de “decreto omnibús” sobre a mudanza nunha ordenanza no deporte no que Terra Galega pretendía vender unhas axudas a deportista individuais a través dunhas subvencións que non garantían que todos e todas as deportistas puidesen optar a unha axuda digna. A nosa preocupación porque fosen parar só a 2-3 persoas fixo que lle pediramos, en novembro de 2024, que se elaborasen doutro xeito.
2. Preocúpanos que TeGa saque unha nova dicindo que no pleno deste mes van esas axudas cando levamos meses esperando e non coñecemos o proceder delas. Que unha vez máis teñamos que ir preguntando información que nos vai chegando de oídas aos traballadores e traballadoras do concello que si nos responden e informan debidamente. Parécenos unha falta de respecto por un goberno que debería lembrar que está en minoría porque a veciñanza non lle deu o apoio nas urnas para máis. Agradecemos o traballo do persoal técnico do concello mais pedimos que non só o persoal funcionario traballe e nos informe sempre se non que o goberno de Tega informe en tempo e prazo.
3. Narón é un referente no deporte porque clubes, asociacións, entidades, persoas a nivel individual esfórzanse e fan que a marca Narón no deporte traspase as nosas fronteiras. Iso é un orgullo e é a administración máis próxima quen ten que colaborar sen apoderarse de ningún logro. Acompañar non é ter prorrogada a unha empresa que tivo problemas cos traballadores e traballadoras do pavillón da Gándara; colaborar non é sacar unha nota para vender un logro que é un dereito dos e das deportistas; colaborar é ser humildes e non criticar a quen fiscaliza o seu traballo; colaborar non é facer unha xunta de padroado de deportes cada catro anos e falar de suba de taxas sen apoio de ninguén.
4. Desde o BNG temos claro que as axudas públicas téñense que dar coas máximas garantías e coa confianza de que se outorgarán da maneira axeitada. A nota de prensa elaborada polo goberno de Narón onte, martes 17 de xuño, fainos pensar que, unha vez máis, van polo camiño equivocado e buscando rendabilidade política do que debese ser un deber pola defensa do público.
Consello local do BNG
COMUNICADO BNG DE NARÓN