Solicitamos a convocatora da Comisión especial de seguimento da praga das moscas no Val.

5943417
5943417

Reclamámoslle ao goberno municipal a convocatoria dunha reunión da Comisión especial de seguimento da situación producida polas moscas na parroquia de O Val, un ano despois da celebración da última.

Solicitamos a convocatora da Comisión especial de seguimento da praga das moscas no Val.

A situación producida polas moscas no Val é moi preocupante. Desde o ano 2020 as veciñas e veciños desta parroquia sofren a presencia dun número esaxerado de moscas nas inmediacións das vivendas, unha praga da que se descoñece o foco inicial. Desde aquela este problema non cesou, ao contrario, vai en aumento e as moscas trasládanse xa a casas que non pasaran por isto en anos anteriores.

Debido a isto, creouse unha Comisión de seguimento da situación producida polas moscas na parroquia de O Val, onde están presentes distintos membros da corporación municipal, representantes da sanidade pública, do goberno da Xunta e do departamento de medio ambiente do concello. “Desde a súa creación tan só se convocou esta comisión dúas veces, levando agora un ano sen celebrar a mesma, polo que solicitamos que se convoque e que se nos informe dos traballos que se realizaron até o de agora xa que non parecen moi efectivos cando as moscas se están asentando de novo nas casas do Val”, comenta Olaia Ledo, a nosa portavoz municipal, “sabemos que se fixeron estudos, das colaboracións e da instalación de casiñas de madeira para teren depredadores naturais que nos últimos anos están a desaparecer polo cambio climático, mais volver convocar a comisión é necesario para coñecer e valorar a situación”.

 

Solicitamos a convocatora da Comisión especial de seguimento da praga das moscas no Val.