BNG de Narón
Asemblea local BNG de Narón
BNG de Narón

Traballamos con ilusión por un Narón Mellor. Estamos orgullosas e orgullosos do nosos concello mais sabemos que é o momento de que deamos un paso cara adiante e que ademais de dotármonos de servizos sexamos unha cidade amábel para vivir, para estar, para quedar e para gozar dela. Queremos máis e que a xente que veña a vivir canda nós non o vexa como algo temporal se non que nos sitúe no mapa con orgullo entre as súas amizades e familiares. Como BNG non só traballamos por Narón se non que nos verás na rúa, en asembleas, nas institucións buscando a igualdade real de todas as persoas, polo benestar do pobo galego (con emprego, dereitos, servizos, transporte, coidando o medio ambiente, apostando polos sectores produtivos e o comercio de cercanía) e porque o futuro sempre sexa mellor. Soñamos e traballamos para facelo realidade. Se queres participar con nós estamos na rúa 25 de Xullo nº1, entrechán F (en fronte ao concello e ao centro de saúde). Abertos mércores, xoves e venres de 9:00 a 13:00 e de 16.00 a 18:30. Tamén nos podes atopar todos os días na oficina do grupo municipal no entrechán da casa do Concello. Podes enviarnos un correo a [email protected] ou chamarnos ao 981 383 990 para calqueira información ou cuestión . Temos unha idea clara: sumar por Narón e por Galiza

Portadas
SAMSUNG

Parabéns á comunidade educativa porque o transporte público á escola de Sedes xa está funcionando

Presentamos ao pleno de setembro unha moción, á que se uniron todos os grupos da oposición de Narón, para que fose recuperado o convenio de taxis que se usaban como transporte público á escola rural de Sedes. A decisión unilateral do concello a tres días do inicio do curso colleu por sorpresa á comunidade educativa, aos taxis que prestaban o servizo e a veciñanza da parroquia.

Ler novas
UNKNOWN
candidatura municipais 2023

A candidatura da ilusión

A candidatura do BNG está dotada de experiencia municipal, capacidade e práctica no eido laboral e no movemento asociativo da cidade de Narón. Presentamos publicamente a listaxe de persoas que integran a candidatura para as eleccións do 28M que, en palabras de Olaia Ledo, vindeira alcaldesa, conforman “un equipo preparado para gobernar". “Son persoas co corazón en Narón e capacidade, formación e compromiso para xestionar os retos do noso concello, cun proxecto claro e transformador. Con ilusión e traballo poremos os servizos sociais, a igualdade, a cultura, o emprego, o deporte, o ecoloxismo, integrar rural e urbano e o espazo público, como bens de primeira necesidade”, indicou. 

Olaia Ledo Díaz
Olaia Ledo Díaz
Ler novas