Reclamamos urxentemente á Xunta de Galiza máis persoal de limpeza e máis horas no CPI O Feal
Presentamos unha moción no pleno de xaneiro onde instamos á Xunta de Galiza a que, de maneira inmediata, contrate máis persoal de limpeza e aumente os horarios no CPI O Feal.
O CPI O Feal é o meirande centro de estudios público integrado de Narón, onde se imparten clases de educación infantil, primaria e secundaria. A Xunta de Galiza é quen asume a limpeza destes centros no noso país, e non os concellos, aínda que son estes aos que lles corresponde velar polos centros e reclamar as melloras necesarias nos mesmo. Este centro é o que mais alumnado acolle do noso concello, chegando a cerca de 700 alumnos, e cunha situación de falta de limpeza grave e que se perpetúa no tempo.
O servizo de limpeza do CPI O Feal leva anos necesitando máis persoal chegando a ser dramático en tempos de pandemia. O BNG levamos esta situación ao Parlamento Galego e a Xunta actual nada fixo ao respecto máis alá dunha "valoración da situación". Debemos, como concello, ser nós quen poñamos a alarma do que acontece e ser quen de manter unha coordinación entre administracións que permita a prestación de servizos públicos do xeito máis eficiente posíbel. Hoxe, con duas persoas contratadas a xornada completa e unha a media xornada faise insuficiente, os baños poden pasar días sin ser limpos. "Desde época de pandemia a limpeza é insuficiente para un centro de 700 alumnos, hoxe moitos nenos e nenas nin tan sequera van ao baño polo estado no que se atopan. Ou amentan en efectivos ou atopáremonos cun problema de saúde nun centro público Xa o reclamamos no Parlamento mais agora que vai haber eleccións e o PP promete de todo podía comezar cumprindo cos centros de Narón e máis aínda con servizos que lle corresponden", indica Olaia Ledo, a nosa portavoz municipal.