Pedimos que se aumente o periodo de exposición pública e alegacións ao PXOM

undefined

Vimos de pedir por rexistro que se aumente o prazo de alegacións ao PXOM por quedar demostrado que é insuficiente para que as veciñas e veciños poidan alegar con garantías e pedimos, de non conseguilo, que a oposición se una para decidilo nun pleno extraordinario se fai falta.

Pedimos que se aumente o periodo de exposición pública e alegacións ao PXOM

Presentamos por rexistro a solicitude para que o concello amplíe o prazo de alegacións xa que o consideramos insuficiente “A semana pasada xa se daban citas de consulta para o equipo redactor o venres 12 de xullo. Se o período remata o 15 de xullo que nos explique Marián Ferreiro e o seu equipo como poden os veciños e veciñas alegar en tempo e forma ou consultar en diferentes departamentos ou escrituras que poidan precisar” indica Marta Grandal, a nosa responsábel local.

Reclamamos, desta maneira, que se aumente o prazo porque as reunións nas parroquias e barrios demoráronse no tempo e fixeron que, por exemplo, as parroquias de Sedes, O Couto, O Alto e Xuvia teñan só un mes desde que se lles deu a coñecer o PXOM. Desde o BNG incidimos que a interpretación do concello na lei 2/2016 que delimita o uso agropecuario e forestal é parcial “é o concello que define e califica os tipos de solo non a Xunta de Galiza. Deixar en mans dos propietarios de maneira individual non ordena nin é xusto para os veciños e veciñas. Pedimos que o concello se persone ante a veciñanza e se faga unha alegación conxunta. Afirmar que o concello está obrigado a un tipo de calificación que fai pasar todo a agropecuario é moi relativo e un xuízo de valor porque tamén segundo esa lei nos concellos con PXOM en vigor mantense a calificación dese PXOM, e nós tiñámolo, e no caso da parcelaria pode o concello realizar un plan de cultivos e manter eses usos, o resto consideramos é enganar aos veciños e veciñas. Non podemos comprender que se deixe en mans da ciadadanía de maneira individual, o concello ten que protexelos e ser a solución” declara a nosa voceira municipal, Olaia Ledo.

Pedimos que se aumente o periodo de exposición pública e alegacións ao PXOM