Desde o BNG pedimos que se cumpran os acordos plenarios e sexa trasladada a caseta de información de Freixeiro ao camiño inglés entre o Ponto e Xuvia.

20220728_114127
Neste período electoral foi aprobada unha moción na que se solicitaba que a caseta de información do concello de Narón fose trasladada a unha zona do camiño inglés e de Santo André entre Piñeiros e Xuvia
Desde o BNG pedimos que se cumpran os acordos plenarios e sexa trasladada a caseta de información de Freixeiro ao camiño inglés entre o Ponto e Xuvia.

Esta proposta xa fora levada a pleno no período anterior pero agora foi aprobada ao estar Terra Galega gobernando en minoría. “Non é un capricho se non que se fai con datos sobre a mesa e a pouca demanda que ten esta caseta na actualidade polo lugar onde se encontra. Ademais, está comprobado que é en zonas peonís onde máis acoden as persoas a estes postos de información e Narón ten un patrimonio por descubrir valiosísimo e a zona do camiño inglés é o lugar onde máis turismo temos. Os datos hoxe no posto de Freixeiro son ridículos e perdemos a oportunidade de dar a coñecer o noso concello mesmo para as veciñas e veciños” declara Olaia Ledo, a nosa portavoz municipal.

Desde o BNG informamos que a decisión de Terra Galega de mantelo alí non ten xustificación “Alegan que é a entrada con máis afluencia de Narón en coche pero non vas saír do teu coche no medio da rotonda de Freixeiro para visitar un posto de información turística. Ademais a outra xustificación de TeGa era que querían poñer un punto no Muíño de Xuvia... pero se segue pechado este verán, sen a solicitude de axudas á deputación para estes centros e pendentes dunha licitación infinita” insiste Ledo. Desde o BNG reclamamos que “o único que poden facer e cumprir coa vontade plenaria e por tanto do pobo e dar traslado a esa caseta. A xestión de Marián Ferreiro e o seu equipo non pode seguir por este camiño

Desde o BNG pedimos que se cumpran os acordos plenarios e sexa trasladada a caseta de información de Freixeiro ao camiño inglés entre o Ponto e Xuvia.