O servizo de madrugadores nos centros públicos será xestionado por un modificado de crédito como reclamamos e de xestión directa municipal

undefined
Conseguimos, a través dunha moción, unha modificación de crédito para que o concello asuma o servizo de madrugadores nos centros de ensino públicos.
O servizo de madrugadores nos centros públicos será xestionado por un modificado de crédito como reclamamos e de xestión directa municipal

Agora que se aprobaron os orzamentos, grazas aos cales o concello vai dispor duns 2,5 millóns de euros máis, e tal como falamos a semana pasada coas anpas dos centros públicos de Narón, levamos unha moción ao pleno de abril no que solicitamos unha modificiación de crédito para dotar a partida necesaria para que o concello se faga cargo do servizo de madrugadores.

O servizo de madrugadores é un servizo público e como tal debera ser xestionado polas administracións públicas. A deixadez da Xunta de Galiza en materia de conciliación fixo que este servizo pasase moitas veces a ser realizado polos concellos e noutras as ANPAS e, desgraciadamente nalgúns casos, non ter ese servizo. Todo isto non pode ser aceptábel porque non hai nenos e nenas con máis ou menos dereitos dependendo do lugar no que vivan no noso país se non que debemos garantir este servizo en todos os concellos.

Seguiremos dando a batalla na Xunta de Galiza para que se faga cargo deste servizo, pero mentres non o faga debe ser a administración máis próxima á veciñanza, o concello, quen asuma este servizo (preferentemente a través dunha licitación) e non as ANPAS, que non teñen obriga de facelo nin son xestores e son as que o están facendo ata o de agora para que as familias teñan dereito a unha conciliación.

Ademais, é sabido que as ANPAS non se farán cargo da xestión de almorzos no vindeiro curso, polo que queda unha partida libre no de subvencións e hai outras licitacións, como poden ser a da escola de participación cidadá por exemplo, que poden quedar baleiras cando remate o período actual polas mudanzas que se poidan dar nesta materia ou nun novo regulamento de participación cidadá como foi aprobado no pleno de marzo cunha moción nosa. Polo tanto, desde o BNG, consideramos que hai marxe para traballar e asumir dunha vez a xestión deste servizo.

Isto tense que comezar a traballar desde xa e buscar a fórmula axeitada; tamén é preciso que se aprobe canto antes un servizo de custes do servizo pero, o que debemos ter claro que aínda sendo unha competencia impropia debemos asumila como estamos a facer desde Narón, por exemplo, con tres escolas infantís (e que ano tras anos nos orzamentos da Xunta o BNG reclama por emenda que pasen a ser titularidade da consellería de servizos sociais) mentres a Xunta siga coa súa deixadez de funcións.

O servizo de madrugadores nos centros públicos será xestionado por un modificado de crédito como reclamamos e de xestión directa municipal