Solicitamos unha reunión entre os grupos políticos e o persoal de mantemento da piscina da Gándara

pavillon-polideportivo-a-gandara-pabellon_img179516t0
Vimos de solicitar unha reunión entre todos os grupos municipais, persoal de mantemento da piscina municipal da Gándara e o grupo de goberno para apoiar as súas xustas reivindicacións.
Solicitamos unha reunión entre os grupos políticos e o persoal de mantemento da piscina da Gándara

Apoiamos a folga convocada por parte do persoal traballador da piscina para o 12 de marzo despois de que no último prego de contratación do concello só se “recomendara” que os traballadores pasaran ao convenio de instalacións deportivas que lles corresponden e non seguirán “no convenio de limpeza”. Non chegamos a comprender como na última licitación o concello non puxo como requisito esta mudanza cando “o convenio de instalacións deportivas é polo que se debe rexir cando, ademáis, fan diferentes funcións e traballos que non corresponden coa limpeza propiamente” indica Olaia Ledo, a nosa portavoz municipal. 

Por todo isto, sabedores de que hai una folga convocada o 12 de marzo pedimos por rexistro una reunión entre todos os grupos “para apoiar ás reivindicacións e para que o concello actúe de mediador entre a empresa e os traballadores para que se solucione” do que aínda non tivemos resposta por parte do goberno. É algo que se fixo nos últimos catro anos cada vez que hai un conflito por petición do noso grupo municipal, e agora é de xusitza para apoiar ao persoal traballador que realiza un servizo esencial na piscina municipal. "Sabemos que desde o rexistro noso polo menos os traballadores conseguíronse reunir co concelleiro de deportes pero non é suficiente e agora convocaron esta reunión que solicitamos, a unhas horas da celebración do pleno onde iamos preguntar pola mesma."

Solicitamos unha reunión entre os grupos políticos e o persoal de mantemento da piscina da Gándara