Reclamamos urxentemente á Xunta de Galiza máis persoal de limpeza e máis horas no CPI O Feal
Presentamos unha moción no pleno de xaneiro onde instamos á Xunta de Galiza a que, de maneira inmediata, contrate máis persoal de limpeza e aumente os horarios no CPI O Feal.
O estado do Área Recreativa de Pedroso é de total abandono e un perigo para as persoas que a visiten
Seguimos sen ter información dos orzamentos, nin tan sequera un borrador, cando xa van máis de tres meses das nosas propostas
O bloque presentou por rexistro as súas propostas hai meses para abrir un prazo para o diálogo que nunca se deu por parte do goberno. Preocúpanos que o goberno en minoría de Terra Galega traballe “sen rumbo” e sen entender a importancia da negociación para ter uns orzamentos que xa van con retraso.
Levamos unha moción ao pleno solicitando a adhesión de Narón ao centro de transformación agroalimentario Fusquenlla.
Solicitámoslle ao goberno municipal a adhesión do concello de Narón ao centro de transformación agroalimentaria intermunicipal e de xestión pública que hai na comarca, a Fusquenlla en Moeche.
Denunciamos a discriminación que fai a Xunta a Narón nos seus orzamentos
O pasado xoves día 30 presentamos as nosas emendas aos orzamentos da Xunta. O grupo municipal, formado pola nosa portavoz Olaia Ledo e os concelleiros Geno Carballeira e Beatriz Puentes, estivo acompañado nesta presentación por Mon Fernández, deputado pola comarca no Parlamento Galego.
Solicitamos o arranxo das deficiencias do "bowl" da zona do Ponto
É urxente a redación dun proxecto integral para as instalacións de Río Seco
Reunímonos coa deputada provincial do bloque, Cristina García, para tratar temas da localidade.
Olaia Ledo, a nosa portavoz municipal e membro da Executiva nacional da organización e Cristina García, deputada provincial pola comarca de Ferrol, mantiveron unha reunión de traballo en Narón para analizar os orzamentos da deputación e tratar temas que atinxen á localidade naronesa.
Solicitamos actuacións urxentes na Rúa Areosa
Vimos de reclamar ao goberno municipal actuacións urxentes na Rúa Areosa, no barrio de Freixeiro, e na confluencia da mesma coa Rúa Miguel de Cervantes.