Denunciamos o mal estado da pérgola da Praza do Concello, en Xuvia, e os desprendimentos de terra no Parque de Freixeiro

474517549_18166276582323050_7196702397320445709_n
É lamentábel o estado no que se atopa a pérgola da Praza do Concello de Xuvia, ao igual que os distintos pavillóns municipais e que non se faga nada para paliar os desprendementos de terra no parque de Freixeiro.
Denunciamos o mal estado da pérgola da Praza do Concello, en Xuvia, e os desprendimentos de terra no Parque de Freixeiro

A praza do concello en Xuvia ten unha pérgola propiedade do concello rota sendo un perigo para os viandantes. Desde o BNG, ademais da “cinta colocada polo concello” pedimos “que se solucione por parte do concello nunha zona onde a afluencia de veciños e veciñas é constante” indica Marta Grandal, responsábel local. Ademais, desde o BNG alertamos da situación dos parques do concello e poñemos o exemplo do Parque do Río Freixeiro con desprendementos de terra que está a caer sobre o río “parece un deja vu mais neste concello nunca se solucionan as deficiencias estruturais dun parque que debese ser un punto de encontro seguro”.

Lembramos tamén que preguntamos polo estado do Pavillón das Lagoas e outros pavillóns como o de Sedes e o de Piñeiros en pleno de hai dous meses “e aínda non tivemos resposta. Agora que houbo que parar actividades ou que están a entrar rexistros pedindo devolución de taxas por non poder facer uso deles preguntámonos se o van tomar en serio desde o concello, non só dos pavillóns se non das instalacións municipais como o local social de Pedroso, San Xiao ou tantos outros”.

Denunciamos o mal estado da pérgola da Praza do Concello, en Xuvia, e os desprendimentos de terra no Parque de Freixeiro