Reclamamos ao Concello as subidas salarias para o persoal da empresa adxudicataria do contrato de RSU e limpeza viaria.
A empresa adxudicataria do servizo de recollida de residuos urbanos e limpeza viaria do Concello de Narón é URBASER.
24 out. 2024 - 21:43
No convenio colectivo aparecen recollidas diferentes subas salariais anuais que agora, dende o comité de empresa, reclaman. O BNG apoia as súas reivindicacións e pide, a través dunha moción, que o concello revise o contrato e inste ás subidas reflexadas no convenio colectivo.
No 2023 o persoal traballador que efectiviza este contrato tiveron que reclamar que se cumprisen as súas demandas laborais e convocar unha folga que, despois de prometerlles desde o concello que se cumpriría co convenio, desconvocouse. “Un ano despois a situación está lonxe de mellorar. Desde o BNG temos claro de que lado estar e é do persoal traballador”, indica Olaia Ledo, a nosa portavoz municipal.