CARTA ABERTA Á CIDADANÍA DE OLAIA LEDO, VOCEIRA MUNICIPAL DO BNG DE NARÓN

O Narón que soñamos máis preto

Reunión do grupo municipal do BNG
O Narón que soñamos máis preto

Detrás das que conformamos o grupo municipal do BNG de Narón hai moita xente. Hai unha asemblea que analiza e decide cousas, hai persoas que dedican parte do seu tempo libre a facer traballo polo BNG para transformar a realidade de Narón, Galiza e dun mundo máis xusto. Hai tanto traballo e ilusións que ás veces precisamos parar e analizar ben para facer o necesario e non só o urxente. Sempre o digo, mais convencida de que é verdade: calquera persoa da nosa candidatura podería estar no noso sitio defendendo un proxecto claro e de futuro para Narón, porque o BNG o ten e deféndeo. Non para vender que poñemos unha farola mellor ca outro… iso faino calquera! se non para levar onde temos voz ás persoas afectadas polas vivendas de Piñeiros como Pablo Melaski e que agora é un compañeiro máis; para defender ás persoas usuarias do SAF e persoal traballador… as traballadoras de INDITEX, LIDL ou Cándido Hermida (aínda que a algúns lles fose na nómina); para defender o espazo público do noso concello como un ben de primeira necesidade; para que se abra o muíño de Xuvia e non queden só as boas fotos de FOTOS ANTIGUAS que tan ben nos ilustra Masafre; para dicir NON a parques eólicos que afectarían ao noso concello; para desde o 2019 reclamar o servizo de madrugadores que conseguiron agora as ANPAS e que negociamos cun modificado de crédito para por fin ser unha realidade; para pedir outro modelo de participación cidadá ou para conseguir ser parte das Cidades que camiñan, ou do centro de transformación da Fusquenlla. Orgullosas estamos de que o concello, a través dunha moción nosa, enviase o seu rechazo ao tribunal internacional de dereitos humanos sobre o xenocidio en Palestina por parte de Israel (a pesar de non contar co apoio do psoe e do pp, outro mundo é posíbel) 
Facémolo pola veciñanza, non para “arrepañar” catro votos ou buscar un titular rápido. Por iso seguimos e por iso soñamos. Para iso hai que camiñar e sabemos que hai quen quere que paremos, poucas persoas hai que dicir e sempre nos respostades con máis apoio cando acontece. Por todo isto… grazas!
As persoas imos e vimos, máis os proxectos permanecen. E o BNG vén hai algo máis dun ano en quitar os mellores resultados nunhas municipais en número de votos e porcentaxe en Narón. A piques do cuarto e sabendo que seguimos indo a máis. Que bonito

O Narón que soñamos máis preto