Reclamamos que o concello acuda ao fondo de Compensación Ambiental da Xunta para investilo en “Aldea Nova”

PHOTO-2025-01-13-09-31-10_1
Instamos ao concello que presente unha memoria para acadar as axudas do fondo de compensación ambiental da Xunta de Galiza e os destine á mellora e posta en valor de "Aldea Nova".
Reclamamos que o concello acuda ao fondo de Compensación Ambiental da Xunta para investilo en “Aldea Nova”

O fondo de compensación ambiental da Xunta de Galiza publicou as axudas do 2025 no que a Narón correspóndenlle 7831,39 euros dun total de máis de once millóns de euros. Desde o BNG reclamamos ao concello que presente unha memoria para acadar estes fondos e destinalos á mellora e posta en valor de “Aldea Nova”, da que denunciamos desde hai meses a súa situación de abandono “Mentras o goberno espera se unha empresa ten que solucionar ou non o abandono das instalacións, esiximos alternativas viábeis coma esta: unha memoria de mellora das instalacións e preparar actuacións para que “Aldea Nova” sexa un punto de encontro para todo Narón” declara Olaia Ledo, a nosa voceira municipal.

Nestas axudas, a Xunta conta como gastos subvencionábeis obras para execución de instalacións de servizos dedicados á protección do ambiente e do espazo natural, cunha utilización recreativa e didáctica dos recursos naturais así como a centros de interpretación do ambiente e aulas da natureza entre outros, para Ledo un diñeiro que encaixa no proxecto de Aldea Nova e que pode valer para revertir a situación nefasta na que se atopa compatibilizando que o concello siga a reclamarlle á última empresa concesionaria o que considere”.

Desde o BNG incidimos en que o máis preocupante “é que non se faga nada” e reclamamos “solucións a curto, medio e longo prazo”.

Por último a  nosa portavoz municipal declara “no BNG facemos política para mellorar Narón e por iso reclamamos que, cando se pode optar a fondos que non se perdan. TeGa perdeu a oportunidade de contar coa subvención da Deputación para técnicos/as deportivos no que se acollen os concellos da provincia a pesar de nós informar en tempo e forma, que non perdan agora a oportunidade de facer algo con Aldea nova. No BNG cando nos queixamos facémolo cunha proposta e solución porque sabemos que Narón merece máis”

Reclamamos que o concello acuda ao fondo de Compensación Ambiental da Xunta para investilo en “Aldea Nova”